Pechada xa a inscrición para a Carreira Popular San Telmo 2011

28 04 2011

Este domingo serán máis de 550 os atletas que se darán cita nas rúas de Tui para disputar a Carreira Popular de San Telmo 2011, deles máis de 250 na categoría absoluta que percorrerán a partir das 11 da mañá os 7.000 m. desta carrerira popular.

Dende este mércores está pechada a inscripción da Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar o vindeiro domingo 1 de maio a partir das 11 da mañá. Todos os que vaiades correr xa sabedes que estaremos o voso dispor dende primeira hora da mañá, para todo o que precisedes.

A Secretaría para a recollida de dorsais e información estará situada no Edificio dos Xulgados de Tui, no centro da Cidade. Alí vos resolveremos tódalas dudas que teñades.

Xa sabedes nos vemos o Domingo en Tui. Disfrutade da carreira e ¡¡¡Sorte para Tod@as!!!


Accións

Information

5 responses

3 05 2011
nacho

moitísimas gracias, os meus pequenos fíxolle moita ilusión
n.

2 05 2011
nacho

En primeiro lugar gracias pola carreira que organizaches na cal disfrutei moitísimo, e tamén darvos as gracias polas medallas para os pequenos, detalle que fan que vaian cada día máis ilusionados a correr.
A pregunta que vos quería facer era si hai algún sitio onde se poida mirar as clasificacións.
moitas gracias
nacho

2 05 2011
clubatletismotui

Hola Nacho, grazas a ti por participar, as clasificacións as poder ver aquí:

Carreira San Telmo

tanto da categoría absoluta como no resto de categorías, saúdos e grazas

29 04 2011
Miguel

Me gustaría correr la carrera del domingo y quería saber sí aunque fuera sin dorsal se permite correr la carrera ya qué soy de Tui pero hace una semana cuando entre en la web no vi donde inscribirme y al ser gratis pensé qué se podía apuntar el mismo día. Un saludo.

29 04 2011
clubatletismotui

Hola Miguel, pásate o domingo polo punto de retirada de dorsais.

Deixar un comentario