50º Gran Premio Pedestre do Nadal. Carreira do Pavo

20 12 2011

Este domingo disputouse en Vigo a tradicional Carreira Pedestre do Nadal coñecida como Carreira do Pavo con Hassan Lekhili como gran dominador da proba e a boa actuación dos atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia en todas as categorías.

O Club Atletismo Tui-Thermalia estivo presente este domingo na Carreira do Pavo disputada en Vigo cun total de 15 atletas nas diversas categorías nunha proba que alcanza xa a sua 50ª edición.

Unha vez máis Uxía Pérez Bugarín voltou a situarse no máis alto do podium sendo a gran dominadora da súa categoría, mentres que Martín Vázquez Hermida en alevín acadou a segunda posición e Cinthia Costas González que mostra unha magnifica progresión aparece entre as 10 mellores alevíns.

En categoría absoluta hai que destacar unha vez máis a Luis Alberto Martínez Durán logrando unha 9º plaza cun tempo de 26:05 cun ritmo de 3 minutos 12 segundos e quedándose tan só a menos de 2 minutos do gañador Hassan Lekhili.

A tod@s eles noraboa polos seus magnificos resultados e por representar tan ben ao noso club.





XXXVIII Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas

6 12 2011

O Club Atletismo Tui-Thermalia, tamén estivo presente nesta proba deportiva que xa vai pola sua 38ª edición

 

Leer máis…





Decembro un mes cargado de carreiras para despedir o ano

6 12 2011

Durante este mes de decembro o calendario popular ven cargado de carreiras para todos os gustos e para todas as distancias, curta distancia, media distacia e longa e incluso algún trail, e en todas elas estará presente o Club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis…





XXXIV Carreira Pedestre Popular de Santiago

28 10 2011

Este domingo 30 de outubro, terá lugar en Santiago de Compostela a XXXIV edición da Carreira Pedestre e na que estarán presentes máis de 3.500 atletas na categoría absoluta e na que haberá representción do club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis








%d bloggers like this: