O pasado Domingo 27 de Abril o Club Atletismo Tui – Thermalia organizou a Carreira Popular de San Telmo en Colaboración coa Concellería de Deportes do Concello de Tui e a Comisión de Festas de San Telmo 2014.
Como en anos anteriores, a primeira proba foi a categoría absoluta (dende xuvenís ata veteráns). Santiago López, de Atletismo Porriño, confirmaba a súa condición de favorito gañando a carreira cun tempo de 22:01. Repetía o segundo posto do ano pasado Brais Misa, tamén do Atletismo Porriño e o terceiro lugar era para Daniel Pérez (Athletics Smooy Team). Na categoría feminina repetíase a situación do ano pasado, onde a victoria era para a atleta tudense Leticia Fernández (rungalicia.com) por diante da atleta do club Atletismo Tui – Thermalia Uxía Pérez, gañadora en categoría Xuvenil. O primeiro tudense en categoría masculina era, igual tamén que o ano pasado, Ahmed Anadi (que tamén foi o gañador da categoría xuvenil) por diante de José Luis González, ambos de Tui – Thermalia. Tras os 3 atletas citados, tamén participaron do club Alberto Pena, José Macabeos Valverde, Rubén Castro, María Jesús González (3ª clasificada en categoría VetA), José Manuel Pérez, Pilar Álvarez, María Pérez (3ª clasificada en categoría xuvenil), Francisco Docampo, Patricia Rodríguez e Raquel Bravo.
Ás 12 do mediodía comezaban as carreiras dos menores, sendo a proba Infantil-Cadete a primeira en liza, sobre un circuito de algo máis de 2 Km. O claro dominador da proba foi Lorenzo González da S.A. Val Miñor, por diante de Brais González do noso club e David Burgos de Atletismo Porriño. A dominadora absoluta en categoría feminina foi a atleta do club Cinthia Costas. A súa victoria ten todavía máis mérito se observamos que gañou a todos os da súa categoría (tanto homes como mulleres) e a todas as mulleres de categoría cadete. Na mesma categoría infantil femenina, Inés Portela logrou o terceiro posto e Lucía Cruces o 6º. Na categoría Infantil masculina, Pablo Pérez primeiro e Martín Vázquez terceiro, lograron outros dous postos de podio para o Thermalia – Tui, categoría na que Andrés quedou en cuarta posición.
As 12 e cuarto chegou a proba alevín feminina, na que Lucía Portela e Elsa Pena foron primeira e segunda, e a continuación, Tilaye Gradín ganaba a proba masculina, continuando coa mañá de éxitos para o club.
Tras estas probas chegaron as carreiras da categoría benxamín, onde tamén tivemos representación con Alba, Pablo, Telmo e Alejandro; e rematamos o día coas carreiras non competitivas de Benxamíns e Pitufos, que tamén contaron cunha ampla participación e cun público entregado para animar a estes futuros atletas.
Pero o maior éxito da xornada foi a magnífica resposta da xente ao espírito solidario. Un total de 752 quilos solidarios foron os recollidos por SOS Tomiño Baixo Miño.