Campionato galego escolar de campo a través 2014

19 03 2014
O sabado pasado celebrouse na provincia da Coruña, o campionato galego de campo a traves nun marco incomparable na praia de Cabío-Pobra do Caramiñal, nun dia soleado e precioso e con unhas intalacións perfectas para este tipo de probas.
 galego escolar cross 2014
Sobre as 11:30 comezaron as carreiras dos alevíns femininos no que participaban por parte do club, Valle Gonzalez, Genet Rodriguez, Pilar Vazquez , Elsa Pena e Lucía Portela. A saída da proba comenzou moi forte escapandose dun principio as dúas primeiras clasificadas nun segundo pelotón atopábanse Lucía máis Elsa no que non deron conectado ca cabeza da proba, entrando en meta Lucia de 4ª e Elsa 6ª a tan só uns segundos. Logo foron entrando o resto das participantes, con Genet 42ª, Pilar 57ª e Valle de 59ª no que esta última torceu  un pé. Estes resultados permitiron que o equipo clasificara en 4ª posición.
Logo tocoulle aos infantís no que só tiñamos a participación de Cinthia Costas no que foi unha carreira moi controlada pola participante dos franciscanos a que se levaría a vitoria. Desde o principio da proba formouse un  pequeno pelotón, de catro participantes, onde se atopaba Cinthia desmarcandose estas do resto das demais competidoras. Despois de realizar case a totalidade do percorrido, a falta duns 400 metros, un cambio de ritmo moi forte desfixo este pelotón no que Cinthia acadaria  a 4ª posición.
E xa ao final tocoulle ás cadetes representando o club Aída Martínez a que tamen fixo unha gran carreira acadando a 4ª posición.
Tamén participaron compañeiros de entreno como Nahom que rematou tamen 4º cunha grande carreira e Brais Gonzalez de 19º cuns pequenos problemas nos xemelgos .
Advertisements




CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL PISTA CUBERTA 2014

14 03 2014

podium do campionato de españa xuve

  Esta fín de semana celebrouse nas magníficas instalacións do velódromo Lluís Puig de Valencia o campionato de España xuvenil de pista cuberta. Alí acudía a nosa representante Uxía para participar na proba de 3000 m l. Chegaba ca millor marca de todas as corredoras os nervios e a tensión antes da carreira eran grandes. Os primeiros 1000m foron a un ritmo lento, comandado o grupo en todo momento por Uxía que levaba o control da proba. A partires de aquí empezou a dar pequenas subidas de ritmo nas curvas para ir desgantando as súas rivaís, a medida que avanzaba íase facendo unha selección , quedando a falta de 1500m só dúas atletas para xogarse a medalla.  As subidas de ritmo  da nosa atleta permitironlle distanciarse da súa perseguidora chegando en primeira posición cunha relativa facilidade .Ao final Uxía proclamouse campiona de España cuhna marca por debaixo dos 10 minutos , conseguindo a súa 3ª millor marca persoal e quedando a 9” da mínima para acudir a Baku representando a EspañaUxía coa medalla de ouro

Este éxito non sería posible sen a sabiduria e bo facer do noso adestrador Dani que está empezando a recoller os froitos do traballo que ven realizando dende que asumiu a dirección técnica do club.Uxía con dani

 





VIII CARREIRA POPULAR INTERRUNNING PIÑEIRO – CONCELLO DE PORRIÑO 2014

7 03 2014

Carrera Porriño 2014 SusiO pasado domingo pola mañá disputouse en Porriño a 8ª edición da carreira popular Interrunning Piñeiro, que contou coa participación de moitos atletas do club a pesar das datas durante as festas do antroido e da complicada situación climatolóxica.

podio interrunning 2014As 10 e media comenzaba a primeira das probas, a correspondente á categoría benxamín, sobre unha distancia de 800m, proba na que participaba Alba logrando unha meritoria 10ª posición cun tempo de 3:26, e quince minutos despois daba comezo a proba alevín, de 1500m. Unha proba dominada con claridade pola nosa atleta Elsa, que a pesar de ter disputado o día anterior a proba do campionato galego de pista cuberta, lograba a primeira posición absoluta (a proba era mixta) cun tempo de 4:55. Na mesma proba, Pilar remataba en 15ª posición da súa categoría cun tempo de 6:24 e César remataba no posto 22º en 6:13.podio interrunning 2014

interrunning 2014

Ás 11 en punto daba comezo a seguinte proba, na que sobre un circuito de 3000m. competían os atletas das categorías infantil e cadete.

Cinthia gañaba na súa categoría cun tempo de 10:08, éxito que repetía Martín na súa cun tempo de 10:35.

podio interrunning 2014Chegadas as 12 menos cuarto era o momento da carreira absoluta, na que, igual ca o resto da mañá, a choiva foi o convidado que nunca abandonou a proba. Dende o comezo da carreira, os dous favoritos, Alejandro Fernández e Pedro Nimo, marcaron un forte ritmo e no primeiro paso por meta xa levaban unha clara vantaxe sobre o resto de competidores. Foi entón cando o primeiro descolgou definitivamente ao seu rival para lograr repetir a victoria que xa lograra o ano anterior.

justi e rubén na interrunning 2014      En canto aos atletas do noso club, o primeiro en entrar en meta foi Sito, no posto 72º (7º da súa categoría) e cun tempo neto de 36:54. Lograba entrar en meta xusto por diante da atleta tudense Leticia Fernández Barbosa, a cal lograba o segundo posto da clasificación feminina, algo moi meritorio se temos en conta que a súa especialidade é o mediofondo, como demostrou o pasado 23 de febreiro no 1500 do campionato de España absoluto en pista cuberta onde rematou en 4ª posición.

interrunning 2014cinterrunning 2014dO seguinte atleta do club foi Maca, no posto 91º cun tempo de 37:19, e despois entrou en meta Emilio, o 123º con interrunning 2014b38:02. Máis centrados na súa preparación da maratón, tampouco o fixeron nada mal Justi (153º 38:42) e Rubén (192º 39:17).

Ángel e Nacho foron os seguintes cos tempos de 40:34 e 40:41 respectivamente, e Manuel foi o outro que rebaixou os 41 minutos no tempo neto.

interrunning 2014ainterrunning 2014fDespois chegou Jorge, por debaixo dos 42 minutos, e Mito lograba rebaixar os 45 minutos. Fran Peixoto (45 minutos) e Susi (47 minutos) tamén remataron con éxito a proba, destacando esta última por atreverse a correr disfrazada aproveitando interrunning 2014eas datas do antroido. Con pouco máis de 50 minutos chegaron Fran Docampo e Rosana, e a outra atleta do club que chegou a meta foi Raquel. Noraboa polo seu esforzo tamén a ela, que competiu nunha distancia tan esixente cando todavía é unha corredora de categoría xuvenil, sendo a gañadora en dita categoría logrando o cuarto podio do día para Thermalia-Tui.

Noraboa a todos polo seu esforzo e o seu éxito, e tamén ao entrenador Dani Mouriño que nos axuda no camiño cara a estes bos resultados.





Campionato galego alevín e infantil pista cuberta

6 03 2014

Podio infantilCelebrouse o pasado sábado o campionato galego P.C. de categorias inferiores onde como sempre había representación do club. Pola mañana eran as probas de 1000 m. con Elsa e Cinthia. A primeira quedaba na 6º posición e Cinthia despoís dunha boa carreira facía 3ª.

1000m alevín
Pola tarde tocaballe o turno as irmáns Potela Otero. Inés participaba na esixente proba dos 2000m quedando 9ª, Lucía facíao en 500m. onde revalidou o título do ano pasado acadando a 1º posición.

LucíaCoruña
Noraboa a todas pola súa participación e polos magníficos resultados conseguidos, así como ao seu adestrador Dani.








%d bloggers like this: