Campionato Galego de Veteranos/as

22 06 2016

Justi, Rubén e Emilio no galego veterán 2016

O pasado sábado 18 disputouse en Vilagarcía un histórico campionato galego de veteranos/as no que se acadaron 12 novos records galegos, 2 de España e un novo record do mundo na proba 800m M75 a cargo de José Vicente Rioseco. O club Atletismo Tui – Thermalia tamén estivo presente nesta gran xornada para o deporte. O primeiro en rodar pola pista foi Emilio Pazo na proba de 5000m M35 logrando un excelente 3º posto e a medalla de bronce. Despois foi o turno de Rubén Castro na proba 5000m M45 que non puido rematar a proba e por último Justi Peixoto, na proba 10000m M45 acadou o 7º posto cunha gran marca de 37:38.

Noraboa aos nosos atletas e aos seus adestradores por un novo éxito.








%d bloggers like this: