Un total de 800 atletas inscritos para a Carreira Popular de San Telmo

12 04 2012

Onte mércores ás 12 da noite pechouse o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo cun total de 800 atletas inscritos, sendo record de participación, que este próximo domingo 15 de Abril a partir das 10.30 horas correrán polas rúas de Tui dende categoría de pitufos ata absolutas para percorrer distancias que van dende os 200m para os máis pequenos ata os 7.000m para as categorías xuvenil, senior, veterán A e veterán B.

Premendo na imaxe podedes ver a lista definitiva de inscritos

Listado de Inscritos

Record de participación nesta edición da Carreira Popular de San Telmo con 798 atletas, dos cales 395 participarán na categoría absoluta e cunha gran presencia de atletas locais 340, que percorrerán as rúas de Tui

Todos os que vaides a participar nesta proba recordade que debedes recoller o dorsal no Paseo da Corredoira a partir das 9.00 horas, e entregar 1 Kilo de alimentos non perecedoiro que serán entregados aos máis necesitados a través do Concello de Tui.

Xa sabedes nos vemos o Domingo en Tui. Disfrutade da carreira e ¡¡¡Sorte para Tod@s!!!





Rafael Pérez nos micros da RMT

9 04 2012

Rafael Pérez, Presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, estivo presente hoxe lúns nos micros da Radio Municipal de Tui  no programa “Escoita Deporte”, para presentar a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar o próximo domingo polas rúas de Tui.

Ademáis de falar desta festa do atletismo tudense, tamén abordou todos os temas relacionados co atletismo da nosa cidade e do noso club.

Podes escoitar a entrevista íntegra premendo no logo da RMT.





Lucía Portela record galego en 500m

4 04 2012

Lucía Portela acadou o pasado sábado na Coruña no Campionato Galego de Pista en Categorías Menores o record galego na distancia de 500 m en categoría benxamín cunha marca de 1m 37s 53 converténdose así na mellor marca de todos os tempos dende que se rexistran datos nestas categorías.

Noraboa a Lucía Portela que acada unha nova marca para o Club Atletismo Tui-Thermalia e que mostra o bo traballo que se esta a facer dende o club nas categorías inferiores.





Presentación Carreira Popular de San Telmo

2 04 2012

O domingo 15 de abril vaise celebrar a vixésimo novena Carreira Popular de San Telmo organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia coa colaboración do Concello de Tui.

Leer máis





Campionato Galego de pista categorías menores

2 04 2012

Este fin de semana disputouse en A Coruña o Campionato Galego benxamín, alevín e infantil de pista cuberta, ca destacada presencia de atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis








%d bloggers like this: