Campionato Galego de 5000m. en ruta

22 06 2011

En Maceda (Ourense) celebrouse este domingo o Campionato Galego de 5 kilómetros en ruta ca presenza de atletas do noso club.

 

Leer máis

Advertisements




Campionato Galego en Pista – Gran Actuación de Lucía e Inés Portela

22 06 2011

O pasado sábado tiña lugar en Santiago o Campionato Galego de pista o aire libre onde as dúas atletas do noso club acadaron uns excelentes resultados. Así Lucía Portela Otero na distancia de 500 metros categoría benxamín, conquería unha brilante medalla de prata, cun tempo de 1min. 37seg. quedando a tan só un segundo do ouro. Lembrar que Lucía é nestes intres a actual Campiona Galega en pista cuberta na distancia de 1000 m. Mentres, a súa irmá Inés Portela Otero, lograba un moi meritorio 6 º posta cun tempo de 3m 49s en 1000 m.

¡¡¡¡¡Noraboa as dúas, e a seguir logrando éxitos para o club!!!








%d bloggers like this: