O domingo 25 de novembro celebrouse a 40 edición do Belarmino onde o noso club tivo unha pequena pero destacada participación .Nun circuito moi duro, debido as choivas dos días anteriores e super embarrado desenvolveuse o cros máis antigo de Galiza.
Os resultados acadados foron bos xa que LUCIA PORTELA lograría a 3ª POSICIÓN en S18 e CINTHIA COSTAS a 4ª nunha carreira moi competida ata os últimos metros.
Na foto vemos o grupo de cabeza nas primeiras voltas con as nosas atletas en pleno esforzo.Tamén destacar o debut nun cros de noso xoven atleta ANDRÉS GARCIA que quedou nunha moi meritoria 8ª posición pero deixando moi boas sensacións cara o futuro.
Imaxe do podio da categoria xuvenil (S18).
Fotos cedidas por MONCHO.