Uxía Pérez Bugarín vence no prestixioso Cross Internacional de Venta de Baños.
Na maña do pasado domingo 16 de decembro e nun día gris e fresco cun circuito durísimo e en pésimas condiciós ,moi irregular e cheo de barro, onde era díficil manterse en pé disputouse o XXXIII Cross Internacional de Venta de Baños apadrinado pola ilustre atleta formada alí Marta Domínguez.
Este cros ocupa a 6ª posición no ranking español e a 8ª no ranking europeo de cros. As competicións comenzaron as 10 ca categoria xuvenil- júnior -veteranas e remataba as 14 horas na categoria élite.
O noso club estivo representado por Uxía Pérez Bugarín na categoria xuvenil e por Rafa Pérez en veteráns.
A 1ª en competir foi Uxía que despois dunha durísima carreira onde estivo pelexando polas primeiras posisicóns con atletas Júnior (incluso algunhas internacionais inglesas) conseguía entrar 8ª ,sendo a 1ª atleta xuvenil en entrar en meta.O noso 2º representante entrou 25 na súa categoria logo de correr 6.375 metros cheos de barros.
Outra alegría que nos proporciona a nosa atleta neste caso nun Cross Internacional.
Gústame esto:
Gústame Cargando...