Equipo do club atletismo TUI-THERMALIA no máis alto do podium logo de recibir o trofeo que as acredita como novas campionas galegas por equipos de campo a través.
Nunha magnífica matinal as cadetes do club foron capaces de sair vitoriosas do gran reto que tiñan que era conseguir por primeira vez na historia do club clasificarse entre as mellores de Galiza nunha proba federada e por equipos. OBXECTIVO conseguido .SON AS NOVAS CAMPIONAS GALEGAS o equipo formado por ELSA , LAURA , LUCÍA e CINTHIA .Con esta vitoria conseguiron clasificarse para representar a Galiza no campionato de España que se celebrará o día 25 de febreiro en OROPESA.
NORABOA as nosas campionas sodes moi GRANDES
FELICITAR aos seus adestradores DANIEL MOURIÑO e ALFONSO CONDE e a todas as persoas que as apoian sen as cales todo isto seria imposible.