Hai xa 25 anos que o Club Atletismo Tui, comezou a sua andaiana, e o fixo da man do Club Remo do Miño, coma unha sección deportiva máis dentro desta emblemática institución tudense. O matrimonio duraría 7 anos. Logo dunha temporada sen actividade, o Club Atletismo Tui, volta de novo esta vez xa en solitario e cun bo número de atletas entre as que cabe destacar Dolores Pedrares, que posteriormente sería olímpica na especialidade de lannzamento de martelo.
Dentro do Club Atletismo Tui, cabe reseñar a figura dunha persoa moi importante, José Martínez Tato, fundador e Presidente. Seu tesón e empeño fixeron posible organizar nin máis nin menos que 14 edicións da Maratón do Baixo Miño, única proba sobre a distancia oficial de 42 kms 195m. homologada que se correu en Galicia. Baixo a súa dirección se fixeron tamen: 14 Subidas o Monte Aloia, 22 Carreiras Populares de San Telmo, O Campionato Galego de Cross, os 10.000 Metros Solidarios, a Andaina Tudense….
Pero todo ten un inicio e un fin, o pasado ano, José Martínez Tato, daba o relevo a unha nova Xunta directiva presidida por Rafael Pérez, que quere dar unha nova dimensión ao Club. Dende Outubro do 2010, estase a traballar cun equipo de adultos e nenos nas remozadas instalacións da Macoca, dirixido polo técnico nacional Daniel Mouriño.
Todos temos a ilusión e o compromiso de facer algo grande, e para iso vos convidamos a que formedes parte deste proxecto o do” NOVO CLUB ATLETISMO TUI”…. ¡¡¡¡Benvidos a tod@s!!!
Club Atletismo Tui- Thermalia – Rúa Maristas 1º 3ºA – 36700 Tui
Teléfono 986.600.490 – C.I.F.: G-36259620
e-mail: clubatletismotui@gmail.com