FESTA DE DESPEDIDA TEMPORADA 2015/2016

26 06 2016

O pasado martes día 21 pechamos a temporada para os máis peques cunha festa de despedida onde disfrutaron con moita auga e tomando unha pequena merenda con xogos e diversión.

Primeiro uns xogos

IMG_5244

Logo cuchipanda

 

 

IMG_5261

 

.Participaron tamén  os demáis membros do equipo tanto técnico como deportistas e familiares. Despois de rematar chegou o momento da despedida ata o primeiro martes do mes de setembro.

AGORA A PASAR UNHAS BOAS VACACIÓNS.

IMG_5260

 





Campionato Galego de Veteranos/as

22 06 2016

Justi, Rubén e Emilio no galego veterán 2016

O pasado sábado 18 disputouse en Vilagarcía un histórico campionato galego de veteranos/as no que se acadaron 12 novos records galegos, 2 de España e un novo record do mundo na proba 800m M75 a cargo de José Vicente Rioseco. O club Atletismo Tui – Thermalia tamén estivo presente nesta gran xornada para o deporte. O primeiro en rodar pola pista foi Emilio Pazo na proba de 5000m M35 logrando un excelente 3º posto e a medalla de bronce. Despois foi o turno de Rubén Castro na proba 5000m M45 que non puido rematar a proba e por último Justi Peixoto, na proba 10000m M45 acadou o 7º posto cunha gran marca de 37:38.

Noraboa aos nosos atletas e aos seus adestradores por un novo éxito.





CAMPIONATO GALEGO INFANTIL AIRE LIBRE

20 06 2016

IMG-20160617-WA0001Presenza do club no campionato galego infantil disputado o sábado 11 de xuño no BARCO  DE VALDEORRAS. Foron tres as atletas que se desprazaron ata terras de Valdeorras para participar novamente nun campionato galego, LUCIA PORTELA OTERO, SABELA VÁZQUEZ SANTAS e UXÍA GÓMEZ DOMINGUEZ . As tres competian nos 500 metros cunha moi boa clasificación, destacando o 2º posto de LUCÍA que entraba moi preto da  1ª cun tempo de  1 20.40 , SABELA seria 10ª con 1,32.25 e UXÍA 12ª con  1 .35.62

NORABOA POLA VOSA PARTICIPACIÓN.

 








%d bloggers like this: