Uxía Pérez nova Campiona Galega de 1.000 metros en pista

21 05 2012

Uxía Pérez Bugarín segue colleitando éxitos esta temporada e este fin de semana proclamouse Campiona Galega Cadete en 1.000 metros en pista ao aire libre. Con esta vitoria asegura a  súa participación na proba de 1.000 metros representando a Galicia no Campionato de España de seleccións autonómicas  que se vai celebrar en Zaragoza o 2 e 3 de xuño.

Leer máis

Advertisements




Campionato Galego de Duatlon

15 05 2012

O Club Atletismo Tui-Thermalia acudía por primeira vez este sábado en Boiro a uns Campionatos Galegos Escolares na modalidade de duatlón e os nosos deportistas acadaron novos éxitos logrando diversos Campionatos en diferentes categorías.

O Club Atletismo Tui-Thermalia, desplazou un total de 11 atletas a Boiro para disputar estes Campionatos Galegos de Duatlon. En benxamín femenino  a 1ª clasificada e Campiona Galega foi a nosa atleta Elsa Pena, acompañada no pódium por Lucía Portela en 3ª posición tamén do noso club, 4ª quedou Cinthia Costas completando a participación do club nesta categoría.  Con este resultados o Club Atletismo Tui-Thermalia proclamouse Campión Galego por equipos na categoría.

En alevín feminino a participación correu a cargo de  Inés Portela 7ª, Lorena Castro 11ª e Aldara Rodríguez 13. no apartado masculimo a representación estivo a cargo de Martín Vázquez que acadou unha 7ª plaza.

Para finalizar o campionato restaban as /os cadetes onde había 2 representantes. UxíaPérez como unha das máxima favoritas que se atopaba ca Campiona de España de duatlon e que foi capaz de vencer dun xeito claro proclamándose Campiona Galega da especialidade. No apartado masculino Ahmed foi 10º.

Outra xornada de exitos para o Club Atletismo Tui-Thermalia que finalizou cun balance de 3 medallas e 2 Campionas Galegas en Individual e un Campionato por clubs.





Campionato Galego de Milla en Ruta e 1.000 metros

15 05 2012

O pasado 6 de maio disputouse en Padrón o Campionato Galego de Milla en Ruta e o Campionato Galego de 1.000 metros no que o Club Atletismo Tui- Thermalia acadou varias medallas.

Un total de 7 atletas foron os representantes  do Club Atletismo Tui-Themalia  que estiveron presentes en Padrón nestes Campionatos Galegos de 1.000 metros e Milla (1.609metros) en todas as categorías dende prebenxamín ata veteráns, onde como case sempre os máis pequenos tiveron unha destacada actuación, demostrando unha vez máis o seu bo momento de forma.

As primeiras categorías que se vestiron de curto foron ás categorías de benxamín e alevín feminino na proba de 1.00 metros onde das catro participantes do Club todas foron capaces de subir ao caixón. Lucía Portela quedou en primeira posición, seguida de Elsa Pena copando así o medalleiro na categoría de benxamín. En alevín Inés Portela foi segunda seguida neste caso de Cinthia Costas en terceira posicición.

A continuación tocoulle o turno aos cadetes na distación da milla (1.609 metros). No apartado masculino o representante do Club foi Ahmed que na carreira máis rápida do día logrou unha novena posición. No apartado feminina a gran dominadora foi unha vez máis Uxía Pérez Bugarín, nunha proba que dende a saída formouse un grupo de tres atletas e no que Uxía foi distanciándose chegando á meta cun tempo de 5:25, marca que foi novo record galego da distancia.

Por último en categoría veterán estaba presente o presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, Rafa Pérez que cun tempo de 5:38 acadou unha  quinta posición.

En resumidas contas o Club Atletismo Tui-Thermalia, logrou en  Padrón 5 medallas e un  novo record galego  o que demostra  o gran traballo que se esta a facer durante esta temporada.

Resultados








%d bloggers like this: