CAMPIONATO GALICIA CADETE PISTA CUBERTA E XUVENIL 1500-3000 A Coruña, 28 enero 2017

30 01 2017

img-20170129-wa0000

Disputouse o Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete asi como o Campionato galego para os 3000 e 1500 m. da categoría Xuvenil con participación de tres atletas do noso club que chegaron ao mesmo despois de conseguir a mínima para poder participar.

Destacar a actuación de ELSA PENA VICENTE que nunha carreira onde sempre levou o peso e ca forza e garra de que sempre fai gala acadou a primeira posición proclamandose campiona galega cadete nos 3000 metros cun tempo de 10.41.09 mellorando a súa marca nada menos que en 38 segundos .Un novo triunfo da nosa ELSA que refrenda o bo momento que está a pasar .

Tamén destacable a participación de LUCIA PORTELA OTERO  que moi perxudicada pola posición de saída ( en terceira fila e arrinconada contra o muro da pista ) consegiu acadar a cuarta posición na proba dos 600 metros  cadete cun tempo de 1.48.26.

Para finalizar destacar a única participante en categoria xuvenil ,INÉS PORTELA OTERO, NOS 1500 metros unha distancia díficil e onde acadou a 11ª posición cun tempo de 5.41.71.

FELICITAR A ESTAS TRES ATLETAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E AGRADECERLLE QUE LEVEN O NOME DO  NOSO CLUB AS NUMEROSAS PROBAS DEPORTIVAS ONDE COMPITEN.








%d bloggers like this: