O pasado domingo o club atletismo TUI acudiu ao Campionato galego de campo a través con 15 atletas distribuidos en distintas categorías. Cun día frío e soleado deuse inicio unha xornada onde os nosos acudiron con ilusión e ganas como de costume.
As probas desenvolvéronse por un terreno plano pero embarrado nalgunhas zonas, o que supuxo un maior esforzo para os atletas á hora de completar o circuito.
Como non podía ser doutra forma, os nosos defenderon as cores moi satisfactoriamente, dando cada un o máximo que puideron. Irradiando alegría e sensación de “piña”.
Compre destacar a alta participación por parte doutros equipos, así como a gran competencia e nivel que se espera nun campionato destas características.
Os primeiros en entrar en acción foron Caterina Vázquez Santas e Mateo Álvarez-Aldir Bernárdez de categoría alevin. A primeira, despois dunha carreira moi disputada e emocinante ata o final, consegiu subir ao segundo escalón do podium, demostrando o seu espectacular estado de forma. Esta rapaza está a presentar unha gran melloría nos últimos meses que a están facendo colleitar grandes resultados. Na parte masculina, Mateo un rapaz que leva moi pouco neste mundillo, consegui ser 7º nunha carreira onde destaca a alta participación e nivel por parte dos outros clubes. Por iso dámoslle a noraboa a este pequeno que estamos seguros que nos deparará máis que unha boa noticia.
Na categoría infantil, moi meritoria a participacíon por primeira vez da nosa única representante, Alba Rodriguez Ramilo que acabou na 59ª posición.
Pasamos xa á categoría cadetes:

Na parte femenina destaca a masiva representación do noso club. Acudimos a cita cun equipo completo de rapazas que están a traballar moi ben, dirixidas en todo momento polo noso adestrador Daniel Mouriño. As nosas, conseguiron subir ata o terceiro posto por equipos confirmando unha vez máis o alto nivel atlético das nosas rapazas neste club. Todas as nosas compoñentes deron o seu máximo levando como recompensa esa mágnifica terceira posición. Xa é o 4º ano consecutivo que logramos subir ao podium. Individualmente, as nosas cruzaron a meta nesta orden: Uxía 9ª,Paula 12ª, María 14ª, Eva 23ª, Sabela 26ª e María Álvarez-Aldir 41ª. ¡As nosas nunca fallan, noraboa a todas!
A nosas xuvenis foron as seguintes en entrar en combate. Acudiamos a esta cita con grandes esperanzas depositadas nelas xa que tiñamos un sólido e completo equipo formado por 4 atletas que xa desde as categorías menores levan destacando e dándonos tantas alegrías. Como isto é deporte e non matemáticas, nos últimos días previos á celebración deste campinato, a nosa mellor atleta Elsa Pena Vicente (subcampiona de españa nos 3000m en pista cuberta a temporada pasada), lesionouse e tuvo que renunciar a participar.
Por iso, o noso equipo acudiu so con 2 participantes xa que outra das nosoas atletas tivo que renunciar a correr, o que é insuficiente para poder puntuar como equipo.
Xa en carreira, unha carreira moi dura na que se impuxo un ritmo moi elevado desde o inicio, conseguimos que as nosas xa veteranas Cinthia Costas González e Lucia Portela Otero chegaran á linea de meta 18ª e 21ª posición respectivamente.

Xa por último, cerrou a nosa participación o noso xuvenil Andrés García Martínez. primeira participación do noso clube nesta categoría.Andrés que ben de estar parado moito tempo, consegui ser o 29º.

Desde a directiva queremos dar a noraboa a todos os atletas pola súa participación neste campionato. Sin olvidarnos de Dani e Sandra que están a demostrar o bo traballo que están a realizar cos nosos xóvenes.

Gústame esto:
Gústame Cargando...