21 02 2014
de todo 951
Este viernes pasado en el centro cultural de la Guardia se celebro la gala del deporte guardes en el que Elsa fue galardonada con un premio y diploma a la mejor promesa del año 2013, por sus títulos conseguidos con el club triatlón Porriño e Atletismo Tui Ler o resto desta entrada »




Resultados Categorías Inferiores durante o mes de Maio

29 05 2013

Durante este mes de Maio disputáronse ao longo de toda Galicia diferentes Campionatos Galegos e onde os nosos atletas estiveron presentes, acadando magníficos resultados.

O domingo 12 de maio tivo lugar en Padrón o Campionato Galego de 1.000 metros e o de Milla cos seguintes resultados.

Na categoría de alevín feminino Cinthia Costas foi 1ª e Elsa Pena 3ª poñendo ao Club Atletismo Tui-Thermalia no máis alto do podium. En Xuvenil masculino Ahmed Rizi foi 9º e no apartado feminino Uxía Pérez proclamouse campiona de Milla cunha marca de 5:13 sendo mellor marca galega da distancia.

Nestas probas tamén estiveron presente atletas en categoría senior maiores de 35 con Alberto Pena 5º e en Veteráns Rafa Pérez foi 4º.

Dúas tudense pertencentes a outros clubs tamén destacaron con Leticia Fernández en categoría Promesa que gañaba e acadaba a mellor marca galega con 5:01 e Eva Cid vencía na proba júnior.

Tamén ese día pero en Ourense disputábase o Campionato Galego Cadete Galego de Pista ao Aire Libre coa representación de Aida Martínez 2ª en 3.000 metros e David Cruces 9º en 600 metros.

O 17 de maio celebrábase en Carballiño o Campionato Galego de Duatlón Escolar onde o Club Atletismo Tui-Thermalia tiña  6 representantes,todas no apartado feminino.

En benxamín as nosas duatletas acadaron as primeiras posicións ,sendo Elsa Pena 1ª, Lucía Portela 2º e Pilar Vázquez 8ª. Por equipos acadaron o Campionato Galego.

En alevín Cinthia Costas foi 1ª . E para terminar tamén participaron Inés Portela e Aldara Rodríguez.

O pasado domingo 26 de Maio disputouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego Xuvenil coa representación do Club dos atletas Uxía Pérez primeira clasificada en 1.500 metros cun tempo de 4:43:37 e de Ahmed Anadi en 5.000 metros 4º cun tempo de 18:00.

Grandes actuacións durante este mes para os nosos atletas e moitos campionatos galegos. Enhoraboa a todos eles e aos seus adestradores.





II Eurocidade 10

21 05 2013

O vindeiro 9 de Xuño terá lugar a segunda edición da Eurocidade 10

Club Atletismo Tui – Thermalia conxuntamente co Concello de Tui e a Cámara de Valença organizan a II Eurocidade10 a segunda edición dunha proba de 10.000m internacional entre Galicia e Portugal que este ano terá saída e chegada en Valença e percorrerá as rúas de Valença do Minho e Tui  pasando pola Ponte Internacional do Río Miño.

Este ano a saída e chegada será na Av. Juventude (Piscina Municipal de Valença) en Valença a partir das 11 horas española.

O prazo de incrición estará aberto ata o mércores 5 de xuño ás 23.59 horas e a inscrición deberá facerse  única e exclusivamente a traves de Championchipnorte.





Campionatos Galegos da fin de semana

12 05 2013
Esta fín de semana celébranse 2 campionatos galegos onde o Club AtletismoTui-Thermalia terá representación.
O domingo pola mañana en Padrón é o Campionato de 1000 metros ruta categorias menores e o de Milla en ruta dende cadete en adiante. No 1º participaran Elsa e Cinthia en alevín. Despois correran os nosos xuvenís Uxía e Ahmed e para finalizar a nosa presenza o faran Alberto e Rafa.

Tamén o domingo en Ourense é o Campionato Galego Cadete en pista ao aire libre, onde estarán defendendo os nosos cores Aida ( 3000 metros) e  David (600 metros).

Boa SORTE PARA TODOS ELES .





Listado Inscritos Carreira Popular San Telmo 2013

5 04 2013

O pasado mércores ás 12 da noite pechouse o prazo de inscrición para a Carreira Popular de San Telmo con máis de 800 atletas inscritos,  que este próximo domingo 7 de Abril a partir das 10.30 horas correrán polas rúas de Tui dende categoría de pitufos ata absolutas para percorrer distancias que van dende os 200m para os máis pequenos ata os 7.000m para as categorías xuvenil, senior, veterán A e veterán B.

Premendo na imaxe podedes ver a lista definitiva de inscritos

Listado de Inscritos

Record de participación nesta edición da Carreira Popular de San Telmo con máis 800 atletas e cunha gran presencia de atletas locais, que percorrerán as rúas de Tui.

Todos os que vaides a participar nesta proba recordade que debedes recoller o dorsal no Paseo da Corredoira a partir das 9.00 horas, e entregar 1 Kilo de alimentos non perecedoiro que serán entregados aos máis necesitados a través do Concello de Tui.

Xa sabedes nos vemos o Domingo en Tui. Disfrutade da carreira e ¡¡¡Sorte para Tod@s!!!





Uxía Pérez bronce no Campionato de España Xuvenil en Pista

6 03 2013

A nosa atleta Uxía Pérez Bugarín acadou este fin de semana en Antequera a medalla de bronce nos Campionatos de España Xuvenís en Pista Cuberta en 3.00 metros cun tempo de 10:15:11.

Ler máis





Carreira Popular San Telmo 2013

4 03 2013

Xa esta aberto o prazo de inscrición dunha nova edición da Carreira Popular de San Telmo 2013. Dende hoxe e ata o póximo 03 de abril está aberto o prazo de inscrición desta proba que se disputara o domingo 07 de Abril.

O vindeiro 07 de Abril, domingo de San Telmo disputarase en Tui a tradicional Carreira de San Telmo organizada un ano máis polo Club Atletismo Tui-Thermalia con saída e chegada no paseo de Corredoira de Tui. Será dende a categoria de pitufos ata a categoría de veterán os atletas que ese domingo percorran as rúas de Tui a partir das 10.30 horas.

A categoría absoluta dará comezo ás 10.30 horas para dar 2 voltas a un circuito urbano de aproximadamente 3.500 m cada unha onde se percorreran as principais rúas de Tui dende o Paseo da Corredoira, pasando pola beira do Miño ou adentrarse á zona monumental de Tui. Pero tamén haberá categorías inferiores de pitufos, benxamin, probas que van den de os 2 anos en diante.

A inscrición para esta proba será gratuíta pero existindo un ano máis a “Operación Kilo”, polo que se solicita a cada atleta que se inscriba que no momento de retida do dorsal, entregue 1 kilo de alimentos non perecedeiros que o Club Atletismo Tui-Thermalia doará a unha Ong.

Para facer a inscrición será necesario cubrir o seguinte formulario.

Podedes atopar toda a información da proba nesta web.

Todos a Tui o vindeiro 07 de Abril nas Festas de San Telmo.








%d bloggers like this: