Lucía Portela Otero, proclamouse o pasado sábado na Estrada Campiona Galega de Campo a Través na categoría infantil.
O pasado sábado 12 de marzo disputouse na Estrada o Campiontato Galego de Campo a Través e o Club Atletismo Tui-Thermalia obtivo uns bos resultados da man das súas ateltas.
Lucía Portela Otero, acadou a medalla de ouro ao vencer na categoría infantil cun tempo de 6:57 a tan só un segundo da súa perseguidora nunha distancia de 1.800m, na mesma categoría tamén estiveron presentes polo Club Atletismo Tui-Thermalia, Sabela María Vázquez Santos que acabou na posición 19ª cun tempo de 7:41 e Uxía Gómez Domínguez que foi 39ª cun tempo de 8:11.
Noraboa polos éxitos conseguidos por estas tres atletas do noso club e a seguir adestando.