Lucía Portela Otero quedou campeona en 500 metros no Campionato Provincial Benxamín-Alevín en pista. A proba se celebrou o sabado 7 de maio de 2011 nas pistas do Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.
–
O tempo de Lucía foi de 1:42.24, seguida de Sandra Souto Otero do Vila de Cangas (actual campiona galega de 500m en pista cuberta ), e a terceira posición foi para Antia Pazos García do Comesaña Sporting Club.