XI MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO

13 12 2011

O pasado domingo 11 de decembro celebrouse no Parque de Castrelos – Vigo -, o XI Memorial Andrés Abanqueiro organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo e no que estiveron presentes atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia para as categoría de pitufos ata cadetes.

Un total de 16 atletas foron os que representaron ao noso club nesta proba acadando bos resultados en todas as categorías posibles, aínda que para moitos dos alí presentes era a súa primeira carreira.

Na categoría infantil feminino estiveron representando ao noso club Aldara que acadou o 26º posto e Susi o 32º. No apartado cadete feminino Uxía voltou a ser a gran domiñadora da categoría e voltou a acadar unha nova victoria e en homes Ahmed acadou o 10º posto.

En alevín masculino Martín quedouse ás portas da victoria conseguindo un meritorio 2º posto seguido por Pablo 42º e Carlos 51º como representantes do club, e en féminas Inés fixo un 7º posto e Cinthia foi 13ª.

Na categoría benxamín Iago quedou no posto 21 e Lucía 1ª, acadou a segunda victoria do día para o club, seguida de Pilar 15ª.

E para finalizar a mañá en Castrelos, restaban os máis pequenos con Telmo en prebenxamín acadando un 7º posto e Sara que sufriu unha caída e tivo q abandonar e as pitufas Julia e Candela.

A tod@s noraboa por representar tan ben ao Club Atletismo Tui-Thermalia e a seguir disfrutando deste deporte.





Decembro un mes cargado de carreiras para despedir o ano

6 12 2011

Durante este mes de decembro o calendario popular ven cargado de carreiras para todos os gustos e para todas as distancias, curta distancia, media distacia e longa e incluso algún trail, e en todas elas estará presente o Club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis…





XXXV Carreira Pedestre Popular do San Martiño Ourense

2 11 2011

Este domingo 6 de novembro, darase a saída en Ourense á XXXV Carreira Pedestre Popular do San Martiño, unha das probas populares máis numerosas de Galicia e na que estarán na liña de saída ata unha decena de atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis





XXXIV Carreira Pedestre Popular de Santiago

28 10 2011

Este domingo 30 de outubro, terá lugar en Santiago de Compostela a XXXIV edición da Carreira Pedestre e na que estarán presentes máis de 3.500 atletas na categoría absoluta e na que haberá representción do club Atletismo Tui-Thermalia.

Leer máis








%d bloggers like this: