Celebrouse o domingo en Mósteles o campionato de España de campo a través onde competían tres dos nosos atletas.O día amanecia con néboa pero a medida que pasaban as horas foi lucíndo o sol . O circuito era moi rápido e estaba moi duro xa que trascurria por unha senda peonil de terra ,que non se parecía en nada ao que se entende por cross, incluso a maioría dos atletas corría sen zapatillas de clavos algo moi pouco habitual. Os nervios e a tensión estaban frotando no ambiente e se ían apoderando dos participantes A primeira en participar foi AIDA que corría en cadetes, despois dunha mala saída non foi capaz de remontar entrando moi descolgada. Logo foi o noso representante masculino NAHOM que debutaba na gran competición. Isto pasoulle factura xa que a inexperiencia fixo que saira moi rápido e os nervios xogaronlle unha mala pasada e tivo que retirarse antes de acabar de dar a primeira volta.
A última en competir era unha das grandes favoritas a estar entre as mellores UXÍA, e non decepcionou xa que dende o primeiro momento asumiu a cabeza da carreira impoñendo ela o ritmo. No paso da primeira volta xa se fixera unha selección de tres atletas que serían as que se xogarían o campionato. A falta de 1500m Celia deu un tirón ao que non foron capaces de responder e Uxía quedaba en compañía de Lucía. Faltando pouco máis de 700 m, ésta deixou descolgada a nosa atleta. Ao final CELIA foi primeira,LUCIA segunda e UXÍA terceira nunha fantástica actuación.