Este sábado 11 de febreiro a partir das 10 da mañá celébrase no Campo de Santa Marta, en Sabarís, Baiona o Campionato galego de campo a través escolar.
Campionato Provincial de Campo a Través Escolar
8 02 2012Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Carreiras, Club, Novas
Boa actuación no Campionato Galego Escolar de Cross
13 03 2011Moi boa actuación dos atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia no Campionato Galego de campo a través celebrado este sábado no circuito do complexo deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense.
O primeiro en correr foi Bryan Filgueira Rodríguez na categoria infantil, onde habia unha numerosa participación, sobre unha distancia de 2.500 metros; acadando un moi meritorio 14 posto cun tempo de 8`49“,resultado espectacular tendo en conta o pouco tempo que leva adestrando neste deporte e donde o gañador foi Miguel González Carballada do Club Franciscanos de Lugo e cun tempo de 7`47“.
Ás 13,40horas tocoulle o turno a Martín Vázquez Hermida na categoria alevín sobre unha distancia de 2.000 metros ,tamén cunha masiva participación onde despois dunha saída moi apelotonada foi toda a carreira recuperando postos ata conseguir unha impresionante 6 praza e cun tempo final de 8`11“onde o gañador foi Nahom Álvarez Ramos que detivo o crono en 7`46“ do Anpa do Ceip Pintor Antonio.
Queremos felicitar a estes 2 xoves atletas polo seu esforzo e afán de superación que xa son un exemplo a seguir para todos nós.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Novas
2 atletas do club presentes no campionato galego de cross escolar
11 03 2011Brian Filgueiras e Martín Vázquez, competirán este vindeiro sábado no Campionato Galego de Campo a Través que vai ter lugar na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Novas