Así é, este, domingo 20 de Marzo, Lucía Portela Otero, lograba o título autonómico nos 1.000 metros lisos en pista cuberta, en categoría benxamín.
–
Así é, este, domingo 20 de Marzo, Lucía Portela Otero, lograba o título autonómico nos 1.000 metros lisos en pista cuberta, en categoría benxamín.
–
Moi boa actuación dos atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia no Campionato Galego de campo a través celebrado este sábado no circuito do complexo deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense.
O primeiro en correr foi Bryan Filgueira Rodríguez na categoria infantil, onde habia unha numerosa participación, sobre unha distancia de 2.500 metros; acadando un moi meritorio 14 posto cun tempo de 8`49“,resultado espectacular tendo en conta o pouco tempo que leva adestrando neste deporte e donde o gañador foi Miguel González Carballada do Club Franciscanos de Lugo e cun tempo de 7`47“.
Ás 13,40horas tocoulle o turno a Martín Vázquez Hermida na categoria alevín sobre unha distancia de 2.000 metros ,tamén cunha masiva participación onde despois dunha saída moi apelotonada foi toda a carreira recuperando postos ata conseguir unha impresionante 6 praza e cun tempo final de 8`11“onde o gañador foi Nahom Álvarez Ramos que detivo o crono en 7`46“ do Anpa do Ceip Pintor Antonio.
Queremos felicitar a estes 2 xoves atletas polo seu esforzo e afán de superación que xa son un exemplo a seguir para todos nós.
Brian Filgueiras e Martín Vázquez, competirán este vindeiro sábado no Campionato Galego de Campo a Través que vai ter lugar na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar.
Hoxe mércores, 09 de marzo, tivo lugar nas instalacións de Thermalia Tui, a firma do convenio de colaboración desta empresa tudense co Club Atletismo Tui. No acto estiveron presentes o Presidente do club, Rafael Pérez Rego, e o Xerente de Thermalia Tui, Pablo Freiría Fernández.