VII Eurocidade 10

23 06 2018

O pasado día 10 de xuño celebrouse en Tui a sétima edición da carreira Eurocidade 10, como cada segundo domingo de xuño. Coma en todas as edicións impares, a carreira tiña situada a saída e a meta no paseo da Corredoira de Tui, percorrendo as rúas de Valença e Tui e cruzando dúas veces a Ponte centenaria de ferro. O tempo finalmente acompañou e puido facerse o percorrido nunhas condicións magníficas.

O primeiro posto da proba foi para o triatleta do Club Atletismo Porriño Brais Misa e para a Redondelana Yolanda Campos, ambos con moita vantaxe. Na clasificación de atletas da eurocidade, Emilio Pérez Groba do CAR Marisqueiro e Marta Sendín Raña do Club Atletismo Tui foron os vencedores, completando o podio feminino nesta categoría as tamén atletas do noso club Cristina Piñeiro e Ana Gómez Espiñeira.

podio 7Euro10 2018 cat local feminina

Podes consultar a clasificación completa aqui: CLASIFICACIÓN EUROCIDADE10 2018.

O club atletismo TUI agradece a todas as persoas que dunha forma ou outra colaboraron na organización da VII EUROCIDADE10. Tamén agradecemos aos medios de comunicación a súa colaboración na difusión desta proba deportiva. Este ano, máis que nunca, tiña un carácter SOLIDARIO xa que a recadación total das inscricións ía para os afectados de PARAMOS/GUILLAREI. A mellor noticia e principal satisfacción da carreira foi o éxito económico cunha recadación total de 2449 euros (1350 por venda de camisetas e 1099 por ingresos de inscrición na carreira) para ingresar na conta de afectados de Paramos e Guillarei.

Advertisements




#TodosconParamos

5 06 2018

Eurocidade 10 con Paramos.jpegListado de inscritos: EUROCIDADE10_2018_POR_APELLIDOS

Bases e información: Eurocidade10








%d bloggers like this: