Resultados Categorías Inferiores durante o mes de Maio

29 05 2013

Durante este mes de Maio disputáronse ao longo de toda Galicia diferentes Campionatos Galegos e onde os nosos atletas estiveron presentes, acadando magníficos resultados.

O domingo 12 de maio tivo lugar en Padrón o Campionato Galego de 1.000 metros e o de Milla cos seguintes resultados.

Na categoría de alevín feminino Cinthia Costas foi 1ª e Elsa Pena 3ª poñendo ao Club Atletismo Tui-Thermalia no máis alto do podium. En Xuvenil masculino Ahmed Rizi foi 9º e no apartado feminino Uxía Pérez proclamouse campiona de Milla cunha marca de 5:13 sendo mellor marca galega da distancia.

Nestas probas tamén estiveron presente atletas en categoría senior maiores de 35 con Alberto Pena 5º e en Veteráns Rafa Pérez foi 4º.

Dúas tudense pertencentes a outros clubs tamén destacaron con Leticia Fernández en categoría Promesa que gañaba e acadaba a mellor marca galega con 5:01 e Eva Cid vencía na proba júnior.

Tamén ese día pero en Ourense disputábase o Campionato Galego Cadete Galego de Pista ao Aire Libre coa representación de Aida Martínez 2ª en 3.000 metros e David Cruces 9º en 600 metros.

O 17 de maio celebrábase en Carballiño o Campionato Galego de Duatlón Escolar onde o Club Atletismo Tui-Thermalia tiña  6 representantes,todas no apartado feminino.

En benxamín as nosas duatletas acadaron as primeiras posicións ,sendo Elsa Pena 1ª, Lucía Portela 2º e Pilar Vázquez 8ª. Por equipos acadaron o Campionato Galego.

En alevín Cinthia Costas foi 1ª . E para terminar tamén participaron Inés Portela e Aldara Rodríguez.

O pasado domingo 26 de Maio disputouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego Xuvenil coa representación do Club dos atletas Uxía Pérez primeira clasificada en 1.500 metros cun tempo de 4:43:37 e de Ahmed Anadi en 5.000 metros 4º cun tempo de 18:00.

Grandes actuacións durante este mes para os nosos atletas e moitos campionatos galegos. Enhoraboa a todos eles e aos seus adestradores.

Advertisements




II Eurocidade 10

21 05 2013

O vindeiro 9 de Xuño terá lugar a segunda edición da Eurocidade 10

Club Atletismo Tui – Thermalia conxuntamente co Concello de Tui e a Cámara de Valença organizan a II Eurocidade10 a segunda edición dunha proba de 10.000m internacional entre Galicia e Portugal que este ano terá saída e chegada en Valença e percorrerá as rúas de Valença do Minho e Tui  pasando pola Ponte Internacional do Río Miño.

Este ano a saída e chegada será na Av. Juventude (Piscina Municipal de Valença) en Valença a partir das 11 horas española.

O prazo de incrición estará aberto ata o mércores 5 de xuño ás 23.59 horas e a inscrición deberá facerse  única e exclusivamente a traves de Championchipnorte.





Campionatos Galegos da fin de semana

12 05 2013
Esta fín de semana celébranse 2 campionatos galegos onde o Club AtletismoTui-Thermalia terá representación.
O domingo pola mañana en Padrón é o Campionato de 1000 metros ruta categorias menores e o de Milla en ruta dende cadete en adiante. No 1º participaran Elsa e Cinthia en alevín. Despois correran os nosos xuvenís Uxía e Ahmed e para finalizar a nosa presenza o faran Alberto e Rafa.

Tamén o domingo en Ourense é o Campionato Galego Cadete en pista ao aire libre, onde estarán defendendo os nosos cores Aida ( 3000 metros) e  David (600 metros).

Boa SORTE PARA TODOS ELES .








%d bloggers like this: