Presentación Oficial do noso Club aos medios de comunicación

21 04 2011

Hoxe mércores, 20 de abril, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Tui o acto oficial da presentación do Club Atletismo Tui – Thermalia. O evento estivo respaldado polo Alcalde tudense, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez, así coma polo Presidente da Delegación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García, o membro da Federación Galega de Atletismo e adestrador responsable do Centro de Tecnificación de Pontevedra, Ramón Magariños. Tamén acudiu Pablo Freiría, xerente de Thermalia Tui, patrocinador do club, Justi Peixoto, responsable de prensa do Club e Dolores Pedrares, ex atleta e madriña do Club.

O noso presidente, Rafael Pérez, referísase en primeiro lugar os caseque 70 atletas cos que contamos, sendo un club que apenas leva traballando dende hai medio ano, amais destacou na presentación a importancia das instalacións coas que contamos, que dicía que nun futuro próximo serán un modelo a seguir, ao estar dotadas de pista de atletismo, pavillón e monte, elementos cos que dicía o club poderá medrar.

O obxectivo que se plantexan é “formar unha gran familia onde todos os atletas e as súas familias se integren formando parte do mesmo”. Destacaba o feito de ter xa participado en campionatos oficiais zonais, provincias e galegos e en case todas as probas populares de Galicia. Sinalaba que a participación “é numerosa, entusiasta,… os rapaces van contentos, querer participar, correr, e deixar moi alto o pavillón de Tui. O nome de Tui soa nas competicións, porque a parte da participación os nosos resultados son as veces brillantes, contando por exemplo Campiona Galega benxamín”.

Na súa intervención, a ex- atlteta, Dolores Pedrares manifestaba que é unha honra para ela ser a madriña do club. Explicou que hai dous anos que se retirou do atletismo, un deporte que comezou practicando en Tui na sección de atletismo que tiña o Club de Remo pero que logo por falta de condicións apropiadas tivo que marchar fóra de Galicia, polo que pedía ao Alcalde que faga o posible para que os nenos poidan facer atletismo en Tui e teñan as mellores instalacións. Amáis se puxo a disposición do club, tanto ela coma o seu marido que tamén é atleta, para colaborar en todo aquilo que precisen. Sinalaba que o “atletismo é unha maneira de vivir, é un modo de vida” polo que animaba aos nenos e nenas a “facer atletismo con ilusión e cariño”.

Pola súa parte Pablo Freiría amosou que é un pracer para el botarlle unha man ao atletismo e o deporte de Tui en xeral. Mentres Eleuterio García lembrou que a traxectoria do atletismo en Tui remóntase moitos anos atrás, salientando que Dolores Pedrares é “unha institución” e indicando que arestora hai tamén unha gran promesa na figura da tamén tudense Leticia Fernández.

Por último o Alcalde de Tui, Antonio Fernández Rocha, expuxo que nos últimos anos o Concello de Tui ten investido máis de 600 mil euros nas instalacións deportivas da Macoca entre a pista, o pavillón, os novos vestiarios, e o novo alumeado que está a piques de rematarse. E engadía que en conxunto no eido deportivo as actuacións realizadas nos últimos anos suman máis de 8 millóns de euros entre o novo pavillón, o centro interfederado, arranxos no vellos pavillóns, pistas polideportivas e campos de herba sintética entre outros. Unha cifra hai que hai que engadir os cartos que se destinan a colaboracións con clubs deportivos.

Carreira popular de San Telmo

Aproveitamos asi mesmo o acto desta mañá, para dar a coñecer todos os detalles da Carreira Popular de San Telmo que vai celebrar o domingo 1 de maio baixo a nosa orgainzación, e a cal estades todos convidados a participar. Entre as principais novidades está que de novo volverá haber un circuíto urbano, e que as categorías serán as mesmas que as oficiais da federación galega. Desenvolverase entre ás 11h e ás 13h coa saída das distintas categorías que terán que percorrer entre 200 metros e 7.000 metros en función da idade dos participantes. As inscricións para a carreira débense facer ata o 27 de abril por internet na web do club www.atletismotui.es . Rafa, comentaba tamén a posibilidade de que en próximos anos a carreira se desvincule das festas de San Telmo, para así atraer xente a Tui noutro domingo no que non haxa ningunha actividade.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: