Tui – Valença unidos por 500 atletas.

14 06 2012

Dende este mércores o prazo de inscrición da I Eurocidade esta pechado, serán preto de 500 atletas, os que percorran as rúas de Tui e Valença este domingo 17 de xuño dende as 11 horas españolas.

Este domingo serán preto de 500, 496 inscritos para ser exactos, os atletas que se darán cita no Paseo da Corredoira de Tui para disputar a I Eurocidade 10, 10 quilómetros que terán o seu punto de partida dende a Corredoira de Tui para cruzar a Ponte Internacional do Miño subir ata as Murallas de Valença e voltar a Tui.

O prazo de incrición da I Eurocidade 10 esta pechada dende este mércores. Todos os que vaiades a correr xa sabedes que estaremos oa voso dispor dende primeira hora da mañá, para todo o que precisedes. A Secretaría para a recollida de dorsais e chips estará ubicado no paseo da Corredoira a partir das 9.00 horas ata as 10.30 .

Xa sabedes nos vémonos o Domingo en Tui. Disfrutade desta primeira edición da Eurocidade  10 e ¡¡¡Sorte para Tod@as!!!





Presentación da I Eurocidade Tui na RMT

10 06 2012

Este venrés estivo nos micros da Radio Municipal de Tui, Rafael Pérez, Presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia para presentar a Eurocidade 10, unha proba que o vindeiro domingo 17 de xuño percorrera as rúas de Tui e Valença.

(prema no logo da RMT para poder escoitala)





Presentación da 1ª Eurocidade 10, os 10km entre Tui e Valença

6 06 2012

Onte mércores foi presentada no Centro Interfederado de Tui a “1ª Eurocidade 10” unha carreira popular organizada polo Club Atletismo Tui-Thermalia en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença e que o domingo 17 de xuño reunirá nesta Eurocidade a numerosos afeccionados ao atletismo de Galicia e o Norte de Portugal.

Ler máis





Uxía 5ª no Campionato de España por Autonomías

6 06 2012

O pasado domingo a nosa atleta Uxía Pérez Bugarín, desprazouse a Zaragoza como integrante da selección galega cadete para representar a Galicia no Campionato de España por Autonómías. A súa proba, os 1.000, á que accedía coa segunda mellor marca das alí presentes.

Tras unha carreira moi igualada e que non se decidiu ata os metros finais Uxía acadou un 5º posto cun magnifico tempo de 3.05.32 e detrás de Celia Antón Alonso que se proclamou campioa de España da distancia cun tempo de 2.56.03.

Finalmente Galicia acadou un total de 13 medallas nestes nacionais cun 4º posto no apartado masculino e 5º nas féminas.





Campionato Galego Benxamín: un novo record galego para o Club Atletismo Tui-Thermalia

6 06 2012

O pasado sábado celebrouse en Ferrol o Campionato Galego Benxamín e Alevín e como non podía ser doutra forma alí estaban representantes do noso club, acadando esta vez un novo record galego en 500m.

Ler máis








%d bloggers like this: