Un ano máis e xa van 3 o Club Atletismo Tui–Thermalia iniciou o pasado xoves 13 de setembro a súa temporada de adestramentos nas Instalacións Municipais da Macoca de Tui.
Inicio da Temporada 2012-2013
18 09 2012Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: club
Categorías : Adestramentos, Club, Novas
Rafael Pérez nos micros da RMT
9 04 2012Rafael Pérez, Presidente do Club Atletismo Tui-Thermalia, estivo presente hoxe lúns nos micros da Radio Municipal de Tui no programa “Escoita Deporte”, para presentar a Carreira Popular de San Telmo que se vai celebrar o próximo domingo polas rúas de Tui.
Ademáis de falar desta festa do atletismo tudense, tamén abordou todos os temas relacionados co atletismo da nosa cidade e do noso club.
Podes escoitar a entrevista íntegra premendo no logo da RMT.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: club, entrevista
Categorías : Novas
Bo Nadal e Feliz 2012
20 12 2011A Familia do Club Atletismo Tui-Thermalia deséxalle a todos os seus membros un Bo Nadal e Próspero Ano 2012, cheo de alegría, esperanzas e ilusións e que se cumpran todos os obxectivos que se marquen.
Postal Navideña realizada por Pilar Vázquez Hermida atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia
Sorte e bo Deporte 2012.
Comentarios : 1 Comment »
Etiquetas: club
Categorías : Club
XI MEMORIAL ANDRÉS ABANQUEIRO
13 12 2011O pasado domingo 11 de decembro celebrouse no Parque de Castrelos – Vigo -, o XI Memorial Andrés Abanqueiro organizado pola Agrupación Viguesa de Atletismo e no que estiveron presentes atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia para as categoría de pitufos ata cadetes.
Un total de 16 atletas foron os que representaron ao noso club nesta proba acadando bos resultados en todas as categorías posibles, aínda que para moitos dos alí presentes era a súa primeira carreira.
Na categoría infantil feminino estiveron representando ao noso club Aldara que acadou o 26º posto e Susi o 32º. No apartado cadete feminino Uxía voltou a ser a gran domiñadora da categoría e voltou a acadar unha nova victoria e en homes Ahmed acadou o 10º posto.
En alevín masculino Martín quedouse ás portas da victoria conseguindo un meritorio 2º posto seguido por Pablo 42º e Carlos 51º como representantes do club, e en féminas Inés fixo un 7º posto e Cinthia foi 13ª.
Na categoría benxamín Iago quedou no posto 21 e Lucía 1ª, acadou a segunda victoria do día para o club, seguida de Pilar 15ª.
E para finalizar a mañá en Castrelos, restaban os máis pequenos con Telmo en prebenxamín acadando un 7º posto e Sara que sufriu unha caída e tivo q abandonar e as pitufas Julia e Candela.
A tod@s noraboa por representar tan ben ao Club Atletismo Tui-Thermalia e a seguir disfrutando deste deporte.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: club, popular
Categorías : Club, Novas
Luis Sá e Guadalupe Lodeiro vencedores da Carreira Popular San Telmo 2011
4 05 2011Boa mañá a que tivemos este domingo no Concello de Tui para celebrar a Carreira de San Telmo 2011, e máis de 550 deportistas de tódalas idades que formaron parte da competición que se convertíu nunha festa.
–
Comentarios : 2 Comments »
Etiquetas: carreiras, club
Categorías : Carreiras, Club
Presentación Oficial do noso Club aos medios de comunicación
21 04 2011Hoxe mércores, 20 de abril, tivo lugar no Salón de Plenos do Concello de Tui o acto oficial da presentación do Club Atletismo Tui – Thermalia. O evento estivo respaldado polo Alcalde tudense, Antonio Fernández Rocha, o concelleiro de cultura, Moisés Rodríguez, así coma polo Presidente da Delegación Viguesa de Atletismo, Eleuterio García, o membro da Federación Galega de Atletismo e adestrador responsable do Centro de Tecnificación de Pontevedra, Ramón Magariños. Tamén acudiu Pablo Freiría, xerente de Thermalia Tui, patrocinador do club, Justi Peixoto, responsable de prensa do Club e Dolores Pedrares, ex atleta e madriña do Club.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: club, novas
Categorías : Club, Novas
O Club Atletismo Tui-Thermalia por primeira vez na Vig-Bay
6 04 2011Quedan xa escasos días para que se de o pistoletazo de saída á XII edición da Media Maratón Vigo-Bayona. Máis de 4100 atletas inscritos, chegados de toda Galicia, España, Portugal e algún que outro país europeo máis.
Comentarios : 1 Comment »
Etiquetas: carreiras, club
Categorías : Carreiras, Novas
Thermalia Tui patrocinará ao noso club
9 03 2011Hoxe mércores, 09 de marzo, tivo lugar nas instalacións de Thermalia Tui, a firma do convenio de colaboración desta empresa tudense co Club Atletismo Tui. No acto estiveron presentes o Presidente do club, Rafael Pérez Rego, e o Xerente de Thermalia Tui, Pablo Freiría Fernández.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: club, novas
Categorías : Club, Novas
5ª Interrunning Piñeiro – Record de Participación do Club Atletismo Tui
28 02 2011¡¡¡20!!!, Si, 20 foron os atletas do noso club que estiveron presentes na liña de saída da proba absoluta da 5ª Interrunning Porriño.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, club
Categorías : Carreiras, Novas
XXVII Maratón de Sevilla – Campionato de España
23 02 2011O domingo 13 deste mes de febreiro tivo lugar en Sevilla o Campionato de España de Maratón. 42 kms. 195 metros, so apto para valentes.
Comentarios : 2 Comments »
Etiquetas: carreiras, club, resultados
Categorías : Carreiras, Club, Novas, Resultados