Aida Martínez Barja 34ª e Uxía Pérez Bugarín bronce representaron ao Club Atletismo Tui-Thermalia nos Campionatos de España de Campo a través.
O Club Atletismo Tui-Thermalia presente no Campionato de España de Campo a través.
19 03 2013Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Carreiras, Novas
Elsa Pena vencedora da proba “Nada e Corre” de Pontevedra
19 03 2013A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia Elsa Pena vencedora da final do programa “Nada e Corre” celebrada en Pontevedra.
Case cen participantes déronse cita o pasado domingo en Pontevedra para poñer punto e final ao programa “Nada e Corre” da Federación Galega de Triátlon para acercar estas disciplinas aos máis pequenos. O Club Altetismo Tui-Thermalia estaba representado pola atleta Elsa Pena na categoría de benxamín feminino.
Unha Elsa Pena que se proclamaba campiona da súa categoría tras facer os 50 metros de natación e 500 metros de carreira a pe.
Noraboa a Elsa por estos magnificos resultados
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Carreiras, Novas
Uxía Pérez bronce no Campionato de España Xuvenil en Pista
6 03 2013A nosa atleta Uxía Pérez Bugarín acadou este fin de semana en Antequera a medalla de bronce nos Campionatos de España Xuvenís en Pista Cuberta en 3.00 metros cun tempo de 10:15:11.
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Carreiras, Club
Carreira Popular San Telmo 2013
4 03 2013Xa esta aberto o prazo de inscrición dunha nova edición da Carreira Popular de San Telmo 2013. Dende hoxe e ata o póximo 03 de abril está aberto o prazo de inscrición desta proba que se disputara o domingo 07 de Abril.
O vindeiro 07 de Abril, domingo de San Telmo disputarase en Tui a tradicional Carreira de San Telmo organizada un ano máis polo Club Atletismo Tui-Thermalia con saída e chegada no paseo de Corredoira de Tui. Será dende a categoria de pitufos ata a categoría de veterán os atletas que ese domingo percorran as rúas de Tui a partir das 10.30 horas.
A categoría absoluta dará comezo ás 10.30 horas para dar 2 voltas a un circuito urbano de aproximadamente 3.500 m cada unha onde se percorreran as principais rúas de Tui dende o Paseo da Corredoira, pasando pola beira do Miño ou adentrarse á zona monumental de Tui. Pero tamén haberá categorías inferiores de pitufos, benxamin, probas que van den de os 2 anos en diante.
A inscrición para esta proba será gratuíta pero existindo un ano máis a “Operación Kilo”, polo que se solicita a cada atleta que se inscriba que no momento de retida do dorsal, entregue 1 kilo de alimentos non perecedeiros que o Club Atletismo Tui-Thermalia doará a unha Ong.
Para facer a inscrición será necesario cubrir o seguinte formulario.
Podedes atopar toda a información da proba nesta web.
Todos a Tui o vindeiro 07 de Abril nas Festas de San Telmo.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: San Telmo
Categorías : Carreiras, Club, Novas