Novo éxito dunha atleta do club, LUCÍA PORTELA OTERO elexida mellor deportista tudense PROMESA 2016.
XL CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2016 20 nov. 2016
23 11 2016Presenza do club na popular do SAN MARTIÑO onde os nosos representantes acadaron bos resultados.Na carreira absoluta 4 atletas baixaron dos 40 minutos sendo o máis destacado JOSE LUIS GOMEZ SOTO.No apartado feminino tamén tivemos representación con ROCIO E ANA que cumpriron os seus obxectivos .
Pero o máis destacado da xornada o protagonizaron as nosas xóvenes atletas ELSA e CINTHIA que outra vez estiveron defendendo os nosos cores nesta proba ta esixente xa que constaba de máis de 4 km. Ambas competian como cadetes e a 2ª quedou 15 e ELSA proclamouse campiona da proba entrando destacada en meta demostrando o fabuloso momento de forma que está pasando
Na foto CINHTIA E ELSA en OURENSE
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Novas
V LIGA GALEGA ESCOLAR FEDERADA- ABANCA VIGO 19 NOV 2016
19 11 2016Participación histórica do club atletismo TUI-THEMALIA nunha competIción por equipos en pista ,foron as benxamín femininas e os alevíns masculinos os que deron este paso
O sábado pola mañá en VIGO as 10.45 empezaron as probas que se desenvolveron durante todo a xornada rematando as 13.45.Con éxito de participación e con moita xente nas gradas mirando e animando aos participantes.O tempo respetounos e estivo unha mañá nubrada pero non moi fría.
Destacar as boas posicións de algunhas /os dos nosos atletas que para case que todos/as eles era a primeira vez que pisaban as pistas de Balaidos. Os resultados por equipos foron moito mellor do esperado acadando a 4ª posición en chicas a tan só 5 puntos das terceiras e a 5ª en chicos moi cerca dos cuartos.
En definitiva unha xornadas onde o importantes era que o pasaran ben e disfrutaran o penso que o conseguimos
FELICITAR a MARA/UXÍA/SABELA/CANDELA/CATERINA/XOANA/UXÍA/ANASS/ELIAS/ANTÓN/ JOEL/MARCOS/ALEJANDRO/TELMO e RODRIGO
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Novas
XXI CARREIRA PEDESTRE DE SAN MARTIÑO BUEU 2016
15 11 2016O domingo 13 de decembro tamén houbo participación de atletas do CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA en BUEU. Na categoria infantil competiron SABELA VÁZQUEZ SANTAS e LAURA ALONSO GONZÁLEZ sobre unha distancia de 2000 metros acadando moi bos resultados , ocupando a primeira posición LAURA ( debutaba nesta proba como atleta do noso club ) e SABELA a terceira
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Novas
XIII cross de ATAPUERCA
14 11 2016Esta fin de semana celebrouse unha nova edición do CROSS DE ATAPUERCA o mellor do mundo, alí tamén houbo participación do CLUB ATLETISMO TUI-THERMALIA como ven sendo habitual dende fai varios anos .Desta volta foron 3 os atletas que acudiron a esta cita : CINTHIA COSTAS , RAFA e ELSA PENA .Esta última obtido unha magnífica clasificación no seu debut a nivel nacional, ocupando a 4ª posición despois de levar o peso da proba na case súa totalidade, valente como sempre e coa forza que a caracteriza foi facendo unha selección onde só foron capaces de seguila 3 atletas que ao final máis enteira que ela batiron a nosa combativa ELSA. Tamén destacar a meritoria participación de CINTHIA COSTAS no seu debut nacional.
Momentos antes de comezo das probas analizando o circuito .
RECOLLENDO O SEU TROFEO COMO 4ª CLASIFICADA
Comentarios : Leave a Comment »
Categorías : Novas