XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO

7 12 2016

Outro triunfo máis para a nosa atleta máis activa e participativa neste comenzo de temporada , LAURA ALONSO GONZÁLEZ,  nesta ocasión na tradicional carreira de Cangas

cangas

A carreira comenzou  moi igualada xa que foron durante casi todo o  traxecto Laura e  dous nenas do  Beade xuntas, pero a falta de 400 metros a do THERMALIA-TUI empezou a despegarse delas sacándolle unha grande  ventaxa , chegando a meta en solitario.

Advertisements




38º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través 2016

1 12 2016

O domingo 27 de novembro celebrouse en Vigo unha nova edición do cross máis antigo de Galiza : o BELARMINO.Desta vez tamén houbo representación de atletas do noso club.Alí estiveron EMILIO PAZO E LAURA  ALONSO GONZÁLEZ. O primeiro participou na carreira absoluta onde había un gran nivel e tivo unha clasificación satisfactoria.

Seria LAURA , a nova atleta incorporada este ano ao club atletismo TUI.THERMALIA a que tivo unha espectacular participación. Proba moi competida entre a nosa atleta ea  do Beade, CARMEN CARRERA. Despois de multiples alternativas nos últimos metros superou a Laura  acadando esta unha magnífica segunda posición.BÓ comezo de temporada da atleta do TUI-THERMALIA que leva facendo podium nas últimas probas disputadas.

laura








%d bloggers like this: