O pasado domingo pola mañá disputouse en Porriño a 8ª edición da carreira popular Interrunning Piñeiro, que contou coa participación de moitos atletas do club a pesar das datas durante as festas do antroido e da complicada situación climatolóxica.
As 10 e media comenzaba a primeira das probas, a correspondente á categoría benxamín, sobre unha distancia de 800m, proba na que participaba Alba logrando unha meritoria 10ª posición cun tempo de 3:26, e quince minutos despois daba comezo a proba alevín, de 1500m. Unha proba dominada con claridade pola nosa atleta Elsa, que a pesar de ter disputado o día anterior a proba do campionato galego de pista cuberta, lograba a primeira posición absoluta (a proba era mixta) cun tempo de 4:55. Na mesma proba, Pilar remataba en 15ª posición da súa categoría cun tempo de 6:24 e César remataba no posto 22º en 6:13.
Ás 11 en punto daba comezo a seguinte proba, na que sobre un circuito de 3000m. competían os atletas das categorías infantil e cadete.
Cinthia gañaba na súa categoría cun tempo de 10:08, éxito que repetía Martín na súa cun tempo de 10:35.
Chegadas as 12 menos cuarto era o momento da carreira absoluta, na que, igual ca o resto da mañá, a choiva foi o convidado que nunca abandonou a proba. Dende o comezo da carreira, os dous favoritos, Alejandro Fernández e Pedro Nimo, marcaron un forte ritmo e no primeiro paso por meta xa levaban unha clara vantaxe sobre o resto de competidores. Foi entón cando o primeiro descolgou definitivamente ao seu rival para lograr repetir a victoria que xa lograra o ano anterior.
En canto aos atletas do noso club, o primeiro en entrar en meta foi Sito, no posto 72º (7º da súa categoría) e cun tempo neto de 36:54. Lograba entrar en meta xusto por diante da atleta tudense Leticia Fernández Barbosa, a cal lograba o segundo posto da clasificación feminina, algo moi meritorio se temos en conta que a súa especialidade é o mediofondo, como demostrou o pasado 23 de febreiro no 1500 do campionato de España absoluto en pista cuberta onde rematou en 4ª posición.
O seguinte atleta do club foi Maca, no posto 91º cun tempo de 37:19, e despois entrou en meta Emilio, o 123º con
38:02. Máis centrados na súa preparación da maratón, tampouco o fixeron nada mal Justi (153º 38:42) e Rubén (192º 39:17).
Ángel e Nacho foron os seguintes cos tempos de 40:34 e 40:41 respectivamente, e Manuel foi o outro que rebaixou os 41 minutos no tempo neto.
Despois chegou Jorge, por debaixo dos 42 minutos, e Mito lograba rebaixar os 45 minutos. Fran Peixoto (45 minutos) e Susi (47 minutos) tamén remataron con éxito a proba, destacando esta última por atreverse a correr disfrazada aproveitando
as datas do antroido. Con pouco máis de 50 minutos chegaron Fran Docampo e Rosana, e a outra atleta do club que chegou a meta foi Raquel. Noraboa polo seu esforzo tamén a ela, que competiu nunha distancia tan esixente cando todavía é unha corredora de categoría xuvenil, sendo a gañadora en dita categoría logrando o cuarto podio do día para Thermalia-Tui.
Noraboa a todos polo seu esforzo e o seu éxito, e tamén ao entrenador Dani Mouriño que nos axuda no camiño cara a estes bos resultados.