CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL E POR EQUIPO

5 02 2017

img-20170205-wa0010

Equipo do club atletismo TUI-THERMALIA no máis alto do podium logo de recibir o trofeo que as acredita como novas campionas galegas por equipos de campo a través.

Nunha magnífica matinal as cadetes do club foron capaces de sair vitoriosas do gran reto que tiñan que era conseguir por primeira vez  na historia do club clasificarse entre as mellores de Galiza nunha proba federada e por equipos. OBXECTIVO conseguido .SON AS NOVAS CAMPIONAS GALEGAS o equipo formado por ELSA , LAURA , LUCÍA e CINTHIA .Con esta vitoria conseguiron clasificarse para representar a Galiza no campionato de España que se celebrará o día 25 de febreiro en OROPESA.

NORABOA as nosas campionas sodes moi GRANDES

FELICITAR aos  seus  adestradores DANIEL MOURIÑO  e ALFONSO CONDE  e a todas as persoas que as apoian sen as cales todo isto seria imposible.img-20170205-wa0011





Carreira Popular de San Telmo 2014

12 06 2014

cartel san Telmo 2014

O pasado Domingo 27 de Abril o Club Atletismo Tui – Thermalia organizou a Carreira Popular de San Telmo en Colaboración coa  Concellería de Deportes do Concello de Tui e a Comisión de Festas de San Telmo 2014.

carreira absoluta

Como en anos anteriores, a primeira proba foi a categoría absoluta (dende xuvenís ata veteráns). Santiago López, de Atletismo Porriño, confirmaba a súa condición de favorito gañando a carreira cun tempo de 22:01. Repetía o segundo posto do ano pasado Brais Misa, tamén do Atletismo Porriño e o terceiro lugar era para Daniel Pérez (Athletics Smooy Team). Na categoría feminina repetíase a situación do ano pasado, onde a victoria era para a atleta tudense Leticia Fernández (rungalicia.com) por diante da atleta do club Atletismo Tui – Thermalia Uxía Pérez, gañadora en categoría Xuvenil. O primeiro tudense en categoría masculina era, igual tamén que o ano pasado, Ahmed Anadi (que tamén foi o gañador da categoría xuvenil) por diante de José Luis González, ambos de Tui – Thermalia. Tras os 3 atletas citados, tamén participaron do club Alberto Pena, José Macabeos Valverde, Rubén Castro, María Jesús González (3ª clasificada en categoría VetA), José Manuel Pérez, Pilar Álvarez, María Pérez (3ª clasificada en categoría xuvenil), Francisco Docampo, Patricia Rodríguez e Raquel Bravo.

saída infantil-cadete

Ás 12 do mediodía comezaban as carreiras dos menores, sendo a proba Infantil-Cadete a primeira en liza, sobre un circuito de algo máis de 2 Km. O claro dominador da proba foi Lorenzo González da S.A. Val Miñor, por diante de Brais González do noso club e David Burgos de Atletismo Porriño. A dominadora absoluta en categoría feminina foi a atleta do club Cinthia Costas. A súa victoria ten todavía máis mérito se observamos que gañou a todos os da súa categoría (tanto homes como mulleres) e a todas as mulleres de categoría cadete. Na mesma categoría infantil femenina, Inés Portela logrou o terceiro posto e Lucía Cruces o 6º. Na categoría Infantil masculina, Pablo Pérez primeiro e Martín Vázquez terceiro, lograron outros dous postos de podio para o Thermalia – Tui, categoría na que Andrés quedou en cuarta posición.

podio alevín femenino

As 12 e cuarto chegou a proba alevín feminina, na que Lucía Portela e Elsa Pena foron primeira e segunda, e a continuación, Tilaye Gradín ganaba a proba masculina, continuando coa mañá de éxitos para o club.

podio alevín masculino

Tras estas probas chegaron as carreiras da categoría benxamín, onde tamén tivemos representación con Alba, Pablo, Telmo e Alejandro; e rematamos o día coas carreiras non competitivas de Benxamíns e Pitufos, que tamén contaron cunha ampla participación e cun público entregado para animar a estes futuros atletas.

atletas do club

Pero o maior éxito da xornada foi a magnífica resposta da xente ao espírito solidario. Un total de 752 quilos solidarios foron os recollidos por SOS Tomiño Baixo Miño.





VIII CARREIRA POPULAR INTERRUNNING PIÑEIRO – CONCELLO DE PORRIÑO 2014

7 03 2014

Carrera Porriño 2014 SusiO pasado domingo pola mañá disputouse en Porriño a 8ª edición da carreira popular Interrunning Piñeiro, que contou coa participación de moitos atletas do club a pesar das datas durante as festas do antroido e da complicada situación climatolóxica.

podio interrunning 2014As 10 e media comenzaba a primeira das probas, a correspondente á categoría benxamín, sobre unha distancia de 800m, proba na que participaba Alba logrando unha meritoria 10ª posición cun tempo de 3:26, e quince minutos despois daba comezo a proba alevín, de 1500m. Unha proba dominada con claridade pola nosa atleta Elsa, que a pesar de ter disputado o día anterior a proba do campionato galego de pista cuberta, lograba a primeira posición absoluta (a proba era mixta) cun tempo de 4:55. Na mesma proba, Pilar remataba en 15ª posición da súa categoría cun tempo de 6:24 e César remataba no posto 22º en 6:13.podio interrunning 2014

interrunning 2014

Ás 11 en punto daba comezo a seguinte proba, na que sobre un circuito de 3000m. competían os atletas das categorías infantil e cadete.

Cinthia gañaba na súa categoría cun tempo de 10:08, éxito que repetía Martín na súa cun tempo de 10:35.

podio interrunning 2014Chegadas as 12 menos cuarto era o momento da carreira absoluta, na que, igual ca o resto da mañá, a choiva foi o convidado que nunca abandonou a proba. Dende o comezo da carreira, os dous favoritos, Alejandro Fernández e Pedro Nimo, marcaron un forte ritmo e no primeiro paso por meta xa levaban unha clara vantaxe sobre o resto de competidores. Foi entón cando o primeiro descolgou definitivamente ao seu rival para lograr repetir a victoria que xa lograra o ano anterior.

justi e rubén na interrunning 2014      En canto aos atletas do noso club, o primeiro en entrar en meta foi Sito, no posto 72º (7º da súa categoría) e cun tempo neto de 36:54. Lograba entrar en meta xusto por diante da atleta tudense Leticia Fernández Barbosa, a cal lograba o segundo posto da clasificación feminina, algo moi meritorio se temos en conta que a súa especialidade é o mediofondo, como demostrou o pasado 23 de febreiro no 1500 do campionato de España absoluto en pista cuberta onde rematou en 4ª posición.

interrunning 2014cinterrunning 2014dO seguinte atleta do club foi Maca, no posto 91º cun tempo de 37:19, e despois entrou en meta Emilio, o 123º con interrunning 2014b38:02. Máis centrados na súa preparación da maratón, tampouco o fixeron nada mal Justi (153º 38:42) e Rubén (192º 39:17).

Ángel e Nacho foron os seguintes cos tempos de 40:34 e 40:41 respectivamente, e Manuel foi o outro que rebaixou os 41 minutos no tempo neto.

interrunning 2014ainterrunning 2014fDespois chegou Jorge, por debaixo dos 42 minutos, e Mito lograba rebaixar os 45 minutos. Fran Peixoto (45 minutos) e Susi (47 minutos) tamén remataron con éxito a proba, destacando esta última por atreverse a correr disfrazada aproveitando interrunning 2014eas datas do antroido. Con pouco máis de 50 minutos chegaron Fran Docampo e Rosana, e a outra atleta do club que chegou a meta foi Raquel. Noraboa polo seu esforzo tamén a ela, que competiu nunha distancia tan esixente cando todavía é unha corredora de categoría xuvenil, sendo a gañadora en dita categoría logrando o cuarto podio do día para Thermalia-Tui.

Noraboa a todos polo seu esforzo e o seu éxito, e tamén ao entrenador Dani Mouriño que nos axuda no camiño cara a estes bos resultados.





Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

26 02 2014

Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

O pasado sábado día 22 de febreiro disputouse no camping de Santa Tecla na Guarda o Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014 nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete cunha ampla participación de atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia.

Comezou a mañá coas probas da Categoría Cadete nas que non tiñamos representación, e despois disputáronse as da categoría infantil onde logramos o primeiro éxito na categoría femenina, pois Cinthia lograba un moi meritorio segundo posto cun tempo de 6:12 sobre unha distancia de 1600 m, obtendo unha clara vantaxe sobre a terceira, pero sen poder batir a gañadora, Sara Lima de Beade. Na mesma proba, Inés entrou na 14ª posición.

Ás 12:20 era a proba Alevín Masculina na que participou Iago, logrando o undécimo posto sobre o mesmo circuito que as rapazas de categoría infantil, cun tempo de 6:41. A continuación chegou o memento cumbre da mañá para o noso club, coa proba femenina na que contábamos con 4 participantes o que permitía obter unha clasificación por equipos. O resultado foi magnífico, entrando Lucía en primeira posición xusto por diante de Elsa, con tempos de 4:29 e 4:30 respectivamente nun circuito de 1200 m. Genet clasificou no posto 22 e Valle no 43. Grazas a estos resultados o equipo logrou unha excelente segunda posición combinada, so superado polo potente equipo de Beade que, con 5 participantes, fou imbatible ao contar os 4 mellores resultados.

Para rematar a mañá, quedaban as probas na categoría Benxamín, na que contábamos coa presenza de Telmo que logrou o duodécimo posto cun tempo de 2:52 nunha proba de 700 m.

Noraboa para todos os nosos deportistas polo seu esforzo e entrega, que debemos extender aos entrenadores polo seu magnífico traballo de formación.





Campionatos galegos en Pista Cuberta 2014

20 02 2014

Podio campionato galego 2014 pista cuberta 3000 m.

No mes de febreiro as grandes citas estaban na PISTA CUBERTA onde os días 2, 8 e 9 celebráronse distintos Campionatos galegos. O 2 era o ABSOLUTO onde Uxía corría os 1500m acadando a 2º posición mellorando a súa marca persoal con 4:46.56.

O 8 era o Campionato Xuvenil coa presenza de AHMED nos 1500m e UXÍA nos 3000m. O 1º quedaba 7º con 4:29.24. Uxía saía moi motivada xa que intentaba mellorar a súa marca de BRAGA onde acadara o record galego xuvenil e non o tiña doado debido as dificultades que presenta a pista de Riazor e ao nº elevado de atletas que tivo que dobrar. Dende o principio marcou un ritmo forte e ao final gañou a proba cun tempo de 9:50.60, mellor marca persoal e novo record galego xuvenil, batendo tamén o record galego junior en poder de Alesandra Aguilar dende o ano 1996.

O 9 eran os cadetes onde só tiñamos a participación de AIDA na final dos 3000 m, quedando 2ª despois dun final moi axustado.





Resultados Categorías Inferiores durante o mes de Maio

29 05 2013

Durante este mes de Maio disputáronse ao longo de toda Galicia diferentes Campionatos Galegos e onde os nosos atletas estiveron presentes, acadando magníficos resultados.

O domingo 12 de maio tivo lugar en Padrón o Campionato Galego de 1.000 metros e o de Milla cos seguintes resultados.

Na categoría de alevín feminino Cinthia Costas foi 1ª e Elsa Pena 3ª poñendo ao Club Atletismo Tui-Thermalia no máis alto do podium. En Xuvenil masculino Ahmed Rizi foi 9º e no apartado feminino Uxía Pérez proclamouse campiona de Milla cunha marca de 5:13 sendo mellor marca galega da distancia.

Nestas probas tamén estiveron presente atletas en categoría senior maiores de 35 con Alberto Pena 5º e en Veteráns Rafa Pérez foi 4º.

Dúas tudense pertencentes a outros clubs tamén destacaron con Leticia Fernández en categoría Promesa que gañaba e acadaba a mellor marca galega con 5:01 e Eva Cid vencía na proba júnior.

Tamén ese día pero en Ourense disputábase o Campionato Galego Cadete Galego de Pista ao Aire Libre coa representación de Aida Martínez 2ª en 3.000 metros e David Cruces 9º en 600 metros.

O 17 de maio celebrábase en Carballiño o Campionato Galego de Duatlón Escolar onde o Club Atletismo Tui-Thermalia tiña  6 representantes,todas no apartado feminino.

En benxamín as nosas duatletas acadaron as primeiras posicións ,sendo Elsa Pena 1ª, Lucía Portela 2º e Pilar Vázquez 8ª. Por equipos acadaron o Campionato Galego.

En alevín Cinthia Costas foi 1ª . E para terminar tamén participaron Inés Portela e Aldara Rodríguez.

O pasado domingo 26 de Maio disputouse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego Xuvenil coa representación do Club dos atletas Uxía Pérez primeira clasificada en 1.500 metros cun tempo de 4:43:37 e de Ahmed Anadi en 5.000 metros 4º cun tempo de 18:00.

Grandes actuacións durante este mes para os nosos atletas e moitos campionatos galegos. Enhoraboa a todos eles e aos seus adestradores.





Campionatos Galegos da fin de semana

12 05 2013
Esta fín de semana celébranse 2 campionatos galegos onde o Club AtletismoTui-Thermalia terá representación.
O domingo pola mañana en Padrón é o Campionato de 1000 metros ruta categorias menores e o de Milla en ruta dende cadete en adiante. No 1º participaran Elsa e Cinthia en alevín. Despois correran os nosos xuvenís Uxía e Ahmed e para finalizar a nosa presenza o faran Alberto e Rafa.

Tamén o domingo en Ourense é o Campionato Galego Cadete en pista ao aire libre, onde estarán defendendo os nosos cores Aida ( 3000 metros) e  David (600 metros).

Boa SORTE PARA TODOS ELES .








%d bloggers like this: