Eurocidade10

eurocidade10 2018.jpg

O pasado 10 de Xuño o Club Atletismo Tui – Thermalia conxuntamente co Concello de Tui e a Cámara de Valença organizou a VII Eurocidade10, a sétima edición dunha proba de 10.000 m internacional entre Galicia e Portugal que este ano, como todas as edicións en anos pares, tivo a saída e chegada en Tui e percorreu as rúas de Valença do Minho e Tui pasando pola Ponte Internacional do Río Miño.

Clasificación

CLASIFICACIÓN EUROCIDADE10 2018

Clasificación anos anteriores

Información Xeral

  • Día:  Domingo 10 de Xuño.
  • Distancia: 10.000 metros.
  • Acreditacións e entrega de dorsais: de 9.00h ata as 10.30h (hora española) no paseo da Corredera (Tui)
  • Lugar da saída: Paseo da Corredera (Tui)
  • Horario das Probas (horario español, unha hora antes en Portugal)
Categoría Ano Nacemento
Horario Distancia
Sub23 Dende o día que cumpran 18 anos ata 23 anos 11.00h 10.000m.
Senior Dende o día que cumpran 24 anos ata 34 anos
11.00h 10.000m.
Veterán A Dende o día que cumpran 35 anos ata 49 anos
11.00h 10.000m.
Veterán B Dende o día que cumpran 50 anos en adiante
11.00h
10.000m.
  • Entrega de Premios: a partir das 13.00 horas aproximadamente na zona de saída/meta.
  • A soa inscrición nesta proba implica a total aceptación das condicións recollidas no seguinte Regulamento VII Eurocidade 10 (10-06-2018).

Inscricións

  • O prazo de inscricións pechou o día 7 de xuño ás 23:59 horas (ata ás 22:59 horas portuguesas), non se admitirán incricións fora deste prazo, nin no mesmo día da proba.
  • A inscrición podía facerse a través de
  • Todo o diñeiro recaudado coas inscricións vaise destinar a axudar ás persoas afectadas polo suceso sufrido o pasado mércores 23 de maio na parroquia de Paramos.

Categorías

  • Sub23: Dende o día que cumpran 18 anos ata 23 anos
  • Senior: Dende o día que cumpran 24 anos ata 34 anos
  • Veterán A: Dende o día que cumpran 35 anos ata 49 anos
  • Veterán B: Dende o día que cumpran 50 anos en adiante

Premios

  • Trofeos para os gañadores da proba
  • Trofeos para os tres primeiros e tres primeiras clasificados de cada categoría
  • Premios para os tres primeiros e primeiras da Eurocidade

Circuíto

circuito eurocidade10

Perfil

As liñas engadidas se corresponden coa Ponte Centenaria de Ferro

perfil 2018

Advertisements



%d bloggers like this: