O pasado sábado disputouse en Portas o Campionato Galego de campo a través en idade escolar e o Club Atletismo Tui-Thermalia acudiu á cita con 3 atletas para acadar grandes resultados.
Campionato Galego Escolar de Campo a través
29 02 2012Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: escolar
Categorías : Club, Resultados
Campionato Provincial de Campo a Través Escolar
8 02 2012Este sábado 11 de febreiro a partir das 10 da mañá celébrase no Campo de Santa Marta, en Sabarís, Baiona o Campionato galego de campo a través escolar.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Carreiras, Club, Novas
Campo a través escolar de Salceda de Caselas
23 11 2011O sábado 26 de novembro, terá lugar en Salceda de Caselas, a primeira proba escolar de campo a través, e o Club Atletismo Tui-Thermalia desprazará ata alí un total de 26 atletas.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: escolar
Categorías : Novas
Campionato Provincial Escolar de Duatlón
11 04 2011Todos os atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia colleitaron medallas.
Excelente, espectacular, grandiosa a actuación dos “peques” na Campionato Provincial Escolar de Duatlon celebrado este domingo no Porriño. Eran 8 os nenos que participaban representando ao Club Atletismo Tui – Thermalia, e os oito subiron ao podio.
Así na categoría Benxamín Feminina Inés Portela era 2ª, e Lorena Castro 3ª. Mentres o equipo Alevín Feminino, composto por Aldara Rodríguez, e as irmáns Iria e Lara Álvarez obtiñan o título por equipos.
Na categoría Infantil Feminina Julia Portela lograba a medalla de prata. Na mesma categoría pero masculina, Bryan Filgueiras era 2º e David Cruces 3º.
Destacar a excelente organizacón levada a cabo polo Club Atletismo Porriño en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e o Servizo de Deportes. Nesta competición estaban os atletas que participaron no duatlon escolar celebrado hai escasas datas en Salceda de Caselas.
Lembrar que TODOS os nosos acudirán ó Campionato Galego que se vai celebrar o vindeiro 30 de Abril en Portonovo. ¡¡¡ Sorte!!!
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: escolar, resultados
Categorías : Resultados
O Club Atletismo Tui-Thermalia sumouse á festa do Cross Escolar
5 04 2011Este Domingo, a cita era para os máis pequenos, e tamén para os seus pais, no XVII Cross Escolar Agrupación Deportiva Castro San Miguel, que tiña lugar no parque vigués de Castrelos.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: escolar
Categorías : Carreiras
Boa actuación no Campionato Galego Escolar de Cross
13 03 2011Moi boa actuación dos atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia no Campionato Galego de campo a través celebrado este sábado no circuito do complexo deportivo de Monterrei en Pereiro de Aguiar na provincia de Ourense.
O primeiro en correr foi Bryan Filgueira Rodríguez na categoria infantil, onde habia unha numerosa participación, sobre unha distancia de 2.500 metros; acadando un moi meritorio 14 posto cun tempo de 8`49“,resultado espectacular tendo en conta o pouco tempo que leva adestrando neste deporte e donde o gañador foi Miguel González Carballada do Club Franciscanos de Lugo e cun tempo de 7`47“.
Ás 13,40horas tocoulle o turno a Martín Vázquez Hermida na categoria alevín sobre unha distancia de 2.000 metros ,tamén cunha masiva participación onde despois dunha saída moi apelotonada foi toda a carreira recuperando postos ata conseguir unha impresionante 6 praza e cun tempo final de 8`11“onde o gañador foi Nahom Álvarez Ramos que detivo o crono en 7`46“ do Anpa do Ceip Pintor Antonio.
Queremos felicitar a estes 2 xoves atletas polo seu esforzo e afán de superación que xa son un exemplo a seguir para todos nós.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Novas
2 atletas do club presentes no campionato galego de cross escolar
11 03 2011Brian Filgueiras e Martín Vázquez, competirán este vindeiro sábado no Campionato Galego de Campo a Través que vai ter lugar na localidade ourensá de Pereiro de Aguiar.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: cross, escolar
Categorías : Novas