Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

26 02 2014

Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

O pasado sábado día 22 de febreiro disputouse no camping de Santa Tecla na Guarda o Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014 nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete cunha ampla participación de atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia.

Comezou a mañá coas probas da Categoría Cadete nas que non tiñamos representación, e despois disputáronse as da categoría infantil onde logramos o primeiro éxito na categoría femenina, pois Cinthia lograba un moi meritorio segundo posto cun tempo de 6:12 sobre unha distancia de 1600 m, obtendo unha clara vantaxe sobre a terceira, pero sen poder batir a gañadora, Sara Lima de Beade. Na mesma proba, Inés entrou na 14ª posición.

Ás 12:20 era a proba Alevín Masculina na que participou Iago, logrando o undécimo posto sobre o mesmo circuito que as rapazas de categoría infantil, cun tempo de 6:41. A continuación chegou o memento cumbre da mañá para o noso club, coa proba femenina na que contábamos con 4 participantes o que permitía obter unha clasificación por equipos. O resultado foi magnífico, entrando Lucía en primeira posición xusto por diante de Elsa, con tempos de 4:29 e 4:30 respectivamente nun circuito de 1200 m. Genet clasificou no posto 22 e Valle no 43. Grazas a estos resultados o equipo logrou unha excelente segunda posición combinada, so superado polo potente equipo de Beade que, con 5 participantes, fou imbatible ao contar os 4 mellores resultados.

Para rematar a mañá, quedaban as probas na categoría Benxamín, na que contábamos coa presenza de Telmo que logrou o duodécimo posto cun tempo de 2:52 nunha proba de 700 m.

Noraboa para todos os nosos deportistas polo seu esforzo e entrega, que debemos extender aos entrenadores polo seu magnífico traballo de formación.

Advertisements







%d bloggers like this: