Quilo solidario na carreira popular de San Telmo

12 06 2014

Quilo solidarioA carreira popular de San Telmo 2014, ademais dun gran éxito de participación e público, tivo outro éxito que nos produce todavía máis satisfacción se cabe. E este foi a magnífica recaudación solidaria feita na carreira a través de SOS Tomiño Baixo Miño. Un total de 752 quilos repartidos como podedes ver na imaxe seguinte.

quilo solidario San Telmo 2014Agradecer a todas as persoas que colaboraron con nos para facer esto posible.

Advertisements




Carreira Popular de San Telmo 2014

12 06 2014

cartel san Telmo 2014

O pasado Domingo 27 de Abril o Club Atletismo Tui – Thermalia organizou a Carreira Popular de San Telmo en Colaboración coa  Concellería de Deportes do Concello de Tui e a Comisión de Festas de San Telmo 2014.

carreira absoluta

Como en anos anteriores, a primeira proba foi a categoría absoluta (dende xuvenís ata veteráns). Santiago López, de Atletismo Porriño, confirmaba a súa condición de favorito gañando a carreira cun tempo de 22:01. Repetía o segundo posto do ano pasado Brais Misa, tamén do Atletismo Porriño e o terceiro lugar era para Daniel Pérez (Athletics Smooy Team). Na categoría feminina repetíase a situación do ano pasado, onde a victoria era para a atleta tudense Leticia Fernández (rungalicia.com) por diante da atleta do club Atletismo Tui – Thermalia Uxía Pérez, gañadora en categoría Xuvenil. O primeiro tudense en categoría masculina era, igual tamén que o ano pasado, Ahmed Anadi (que tamén foi o gañador da categoría xuvenil) por diante de José Luis González, ambos de Tui – Thermalia. Tras os 3 atletas citados, tamén participaron do club Alberto Pena, José Macabeos Valverde, Rubén Castro, María Jesús González (3ª clasificada en categoría VetA), José Manuel Pérez, Pilar Álvarez, María Pérez (3ª clasificada en categoría xuvenil), Francisco Docampo, Patricia Rodríguez e Raquel Bravo.

saída infantil-cadete

Ás 12 do mediodía comezaban as carreiras dos menores, sendo a proba Infantil-Cadete a primeira en liza, sobre un circuito de algo máis de 2 Km. O claro dominador da proba foi Lorenzo González da S.A. Val Miñor, por diante de Brais González do noso club e David Burgos de Atletismo Porriño. A dominadora absoluta en categoría feminina foi a atleta do club Cinthia Costas. A súa victoria ten todavía máis mérito se observamos que gañou a todos os da súa categoría (tanto homes como mulleres) e a todas as mulleres de categoría cadete. Na mesma categoría infantil femenina, Inés Portela logrou o terceiro posto e Lucía Cruces o 6º. Na categoría Infantil masculina, Pablo Pérez primeiro e Martín Vázquez terceiro, lograron outros dous postos de podio para o Thermalia – Tui, categoría na que Andrés quedou en cuarta posición.

podio alevín femenino

As 12 e cuarto chegou a proba alevín feminina, na que Lucía Portela e Elsa Pena foron primeira e segunda, e a continuación, Tilaye Gradín ganaba a proba masculina, continuando coa mañá de éxitos para o club.

podio alevín masculino

Tras estas probas chegaron as carreiras da categoría benxamín, onde tamén tivemos representación con Alba, Pablo, Telmo e Alejandro; e rematamos o día coas carreiras non competitivas de Benxamíns e Pitufos, que tamén contaron cunha ampla participación e cun público entregado para animar a estes futuros atletas.

atletas do club

Pero o maior éxito da xornada foi a magnífica resposta da xente ao espírito solidario. Un total de 752 quilos solidarios foron os recollidos por SOS Tomiño Baixo Miño.





CAMPIONATO GALEGO PISTA AIRE LIBRE BENXAMÍN, ALEVÍN E INFANTIL. VIGO 7 DE XUÑO 2014

10 06 2014

Lucía (4)
Con tempo desapacible, pista mollada e fortes rachas de vento, celebrouse este sábado  nas pistas do Estadio Municipal de Atletismo de Vigo o Campionato Galego Benxamin, Alevin e Infantil de Pista ao Aire libre. Na Categoria Alevin Feminino en 500 metros Lucía Portela Otero proclamouse Campiona Galega por terceiro ano consecutivo.

Lucía saiu desde o comenzo marcando o seu ritmo pero soamente a falta de 150 metros e cun forte cambio  conseguiu descolgar a súa máis directa rival a atleta dos Franciscano de Lugo Carmen Victoria González chegando a meta cun tempo de 1:30:98 cunha diferencia de 4 segundos coa segunda clasificada.

En 1000 metros alevín feminino gran actuación de Elsa Pena Vicente quedando en segundo lugar cun tempo de 3:30:39 por detrás da Atleta da Escolas Lourenza de Lugo Ana Vallines.

Tamén meritoria actuación de Cinthia Costas en 1000 metros na categoría Infantil Feminino quedando en cuarto lugar cun tempo de 3:21:60.

ELSA

 








%d bloggers like this: