Uxía seleccionada para os Xogos Olímpicos da Xuventude en Baku

23 05 2014

Uxía campiona de España

A atleta do club Uxía Pérez Bugarín segue logrando novos éxitos. Esta vez foi seleccionada pola Federación Española de Atletismo para participar nas probas de clasificación para os Xogos Olímpicos da Xuventude que se celebrarán en Baku (Azerbaiyán). E a primeira atleta de Atletismo Tui – Thermalia que logra clasificarse para unha proba a nivel internacional. O gran ano que tivo, coa medalla de ouro nos 3000m en pista cuberta do campionato de España, a medalla de bronce no campionato de España Campo a Través e o record galego xuvenil, junior e mellor marca española da tempada, entre outros logros, non pasaron desapercibidos para a RFEA que decidiu seleccionar á nosa atleta para tan importante competición. Noraboa a Uxía polo seu novo logro e ao noso adestrador por saber guiarlle na consecución de tal éxito.

Advertisements







%d bloggers like this: