XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM

6 05 2014

20140413_134138 (5) (1)

O 13 De Abril celebrábase en Rotterdam (Holanda) a XV ABN AMRO MARATHON ROTERDAM. 13500 Atletas de 76 países dábanse cita nunha liña de saída ateigada de público, como o estaría durante os 42 kms 195 metros da proba. A mañá perfecta , nubes e claros, cunha temperatura de 15 grados, inda que despois o vento perxudicaría os corredores nalgúha parte do percorrido. Un trazado totalmente chá , co que se agardaba facer uns bos rexistros.
Como era de esperar os africanos dominaron a proba, sobre todo os kenianos que ocuparon as tres primeiras prazas. Victoria para Eliud Kipchoge cun tempo 02:05:00, seguido do seus compatriotas Bernard Koech e Bernard Kipyego que paraban o crono en 02:06:08 e 02:07:58,respectivamente. O primeiro europeo, sería o nacionalizado noruegués, Weldu Negash, 5º con 02:09:14, rematando 7º o primeiro holandés, de orixe marroquí, Khalid Choukoud que facía a mellor marca dos Paises Baixos nesta carreira 02:10:52.
Moitos españois participaron na carreira, cun destacado , Miguel Beltrán , de San Juan Del Puerto, 24º na xeral e 1ª na categoría de máster 35 (02:21:11). Destacar a presenza de dous atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia, Justi Peixoto, 393, con 02:56:39, 1º galego na súa primeira participación nunha maratón, sendo 60º na súa categoría, e Rubén Castro, 607, con 03:03:53, 111º na súa categoría, logrando mellor marca persoal.
No apartado feminino a etíope Abebech Afework obtería una cómoda victoria 02:27:50, escoltada pola súa compatriota Guteni Shone 02:30:23; completaría o podio, moi cerca a Namibia, Beata Naigambo 02:31:00. A Española Maria Azucena Díaz, era nin máis nin menos que 5ª cun imprsionante rexistro de 02:32:22, conseguindo a mínima para o Campionato do Mundo.
Un bo exemplo da dureza dunha maratón e que dos 13.500 que tomaban a saída, chegaron a liña de meta só 10.679, sendo este posto, o derradeiro, ocupado polo holandés Joop Ketman, maoir de 65 anos cun tempo de 5 horas, 42 minutos e 32 segundos. Queda demostrado que o máis importante dunha maratón non é o tempo final, senón a satisfacción de poder rematar eses 42 kilómetro 195 metros.

Advertisements







%d bloggers like this: