O domingo 26 de febreiro disputouse este campionato en OROPESA DEL MAR e alí representando a Galiza estaba o club ATLETISMO TUI-THERMALIA entre os mellores club de España.

Tiñan moitas ilusións e esperanzas en facer unha boa carreira no seu debut nun evento desta categoria xa que era a primeira vez que o club accedia a un campionato de ESPAÑA POR EQUIPOS. A mañá era perfecta para correr , circuito moi rápido con apenas desniveis e de herba e situado a orillas do mar Mediterráneo.Os nervios dos primeiros momentos acrecentaronse a medida que se acercaba a hora da saída programada para as 9 :50.
Unha vez en carreira apareceron os primeiros contratempos pois unha atleta perdeu unha zapatilla e saiu a última tendo que facer un gran esforzo para remontar e poder chegar o máis adinate posible.A mesma historia repetiriase con outra atleta noutro momento da competición .A pesares de todo as 4 representantes do club finalizaron a proba e puntuaron que era o obxectivo .
Destacar a actuación de ELSA PENA VICENTE que como é habitual nela saiu en cabeza de carreira e aguantou durante a maior parte da proba nas primeiras posición e só ao final cedeu un pouco entrando nun magnífico 12 posto .Mellor atleta galega clasificada cadete feminino.
Meritoria actuación de LUCIA PORTELA OTERO que pesares da mala sorte da saída fixo un carrerón xa que entrou de 97 logo de facer unha remontada impresionante.
Moi boa carreira de LAURA MAZOY GARCIA que tamén tivo problemas durante a proba pero estivo a un alto nivel.
Para finalizar CINTHIA COSTAS GONZALEZ a nosa atleta 4 e moi importante porque dela dependia a sorte do equipo co seu esforzo e entusiasmo fixo que poideramos puntuar.
RESULTADOS : quedamos un pouco decepcionados xa que quedamos clasificados 19 de 55 equipos participantes pero tiñamos potencial para quedar entre os 5 mellores .Temos un equipo moi novo que seguro darannos moitas alegrias moi pronto.
Agradecer tamén a axuda de INÉS PORTELA que acompañounos e estivo en todo momento pendente das nosas atletas
Noraboa a elas a aos seus familiares que fixeron o esforzo de desprazarse e animalas en todo momento.ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DA VOSA PARTICIPACIÓN.
Gústame esto:
Gústame Cargando...