Este fin de semana disputouse en A Coruña o Campionato Galego benxamín, alevín e infantil de pista cuberta, ca destacada presencia de atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia.
Campionato Galego de pista categorías menores
2 04 2012Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: galego, resultados
Categorías : Club, Resultados
50º Gran Premio Pedestre do Nadal. Carreira do Pavo
20 12 2011Este domingo disputouse en Vigo a tradicional Carreira Pedestre do Nadal coñecida como Carreira do Pavo con Hassan Lekhili como gran dominador da proba e a boa actuación dos atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia en todas as categorías.
O Club Atletismo Tui-Thermalia estivo presente este domingo na Carreira do Pavo disputada en Vigo cun total de 15 atletas nas diversas categorías nunha proba que alcanza xa a sua 50ª edición.
Unha vez máis Uxía Pérez Bugarín voltou a situarse no máis alto do podium sendo a gran dominadora da súa categoría, mentres que Martín Vázquez Hermida en alevín acadou a segunda posición e Cinthia Costas González que mostra unha magnifica progresión aparece entre as 10 mellores alevíns.
En categoría absoluta hai que destacar unha vez máis a Luis Alberto Martínez Durán logrando unha 9º plaza cun tempo de 26:05 cun ritmo de 3 minutos 12 segundos e quedándose tan só a menos de 2 minutos do gañador Hassan Lekhili.
A tod@s eles noraboa polos seus magnificos resultados e por representar tan ben ao noso club.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, pedestre, resultados
Categorías : Carreiras, Club
XXXVIII Trofeo Pedestrismo Concello de Cangas
6 12 2011O Club Atletismo Tui-Thermalia, tamén estivo presente nesta proba deportiva que xa vai pola sua 38ª edición
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: pedestre, resultados
Categorías : Carreiras, Novas, Resultados
Miguel Pons 5º no Trofeo da Sociedad Gimnástica
10 05 2011O atleta do noso club, Miguel Pons Romero, acadou unha máis que meritoria 5ª plaza na distancia de 200 metros lisos na 3ª Xornada de Sociedad Gimnástica celebrada o pasado mércores 4 de Maio. O tudense remataba cun tempo de 26´04″.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, resultados
Categorías : Club, Novas
Vig-Bay: 3 dos nosos atletas entre os 210 primeiros
11 04 2011¡¡¡Que bonita carreira!!! ¡¡¡Mellorei a miña marca!!! Eran as principais frases que se escoitaban entre os atletas do Club Atletismo Tui–Thermalia unha vez rematada a XII Edición da Media Maratón Vigo-Bayona.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, resultados
Categorías : Carreiras, Club, Novas
Campionato Provincial Escolar de Duatlón
11 04 2011Todos os atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia colleitaron medallas.
Excelente, espectacular, grandiosa a actuación dos “peques” na Campionato Provincial Escolar de Duatlon celebrado este domingo no Porriño. Eran 8 os nenos que participaban representando ao Club Atletismo Tui – Thermalia, e os oito subiron ao podio.
Así na categoría Benxamín Feminina Inés Portela era 2ª, e Lorena Castro 3ª. Mentres o equipo Alevín Feminino, composto por Aldara Rodríguez, e as irmáns Iria e Lara Álvarez obtiñan o título por equipos.
Na categoría Infantil Feminina Julia Portela lograba a medalla de prata. Na mesma categoría pero masculina, Bryan Filgueiras era 2º e David Cruces 3º.
Destacar a excelente organizacón levada a cabo polo Club Atletismo Porriño en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e o Servizo de Deportes. Nesta competición estaban os atletas que participaron no duatlon escolar celebrado hai escasas datas en Salceda de Caselas.
Lembrar que TODOS os nosos acudirán ó Campionato Galego que se vai celebrar o vindeiro 30 de Abril en Portonovo. ¡¡¡ Sorte!!!
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: escolar, resultados
Categorías : Resultados
¡¡¡Xa temos unha Campiona Galega!!!
21 03 2011Así é, este, domingo 20 de Marzo, Lucía Portela Otero, lograba o título autonómico nos 1.000 metros lisos en pista cuberta, en categoría benxamín.
–
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, resultados
Categorías : Club, Novas
XXVII Maratón de Sevilla – Campionato de España
23 02 2011O domingo 13 deste mes de febreiro tivo lugar en Sevilla o Campionato de España de Maratón. 42 kms. 195 metros, so apto para valentes.
Comentarios : 2 Comments »
Etiquetas: carreiras, club, resultados
Categorías : Carreiras, Club, Novas, Resultados
I Cross “Volta á Fortaleza” de Valença
23 02 2011Choiva, moita choiva, e sobre todo barro, moito barro… isto foi o máis salientable do I Cross Volta a Fortaleza de Valença que tivo lugar este domingo na localidade fronteiriza.
Comentarios : Leave a Comment »
Etiquetas: carreiras, club, resultados
Categorías : Carreiras, Novas, Resultados