O domingo en xornadas de mañá e tarde desenvolveronse os campionatos galegos das categorias dos máis pequenos e tamén había participación do club de atletismo TUI-THERMALIA. Outra vez foron as chicas as que acadaron as mínimas para poder participar na proba máis importante do calendario atlético ao aire libre.
LAURA ALONSO GONZÁLEZ , SABELA VÁZQUEZ SANTAS e UXÍA GÓMEZ DOMINGUEZ foron as nosas representantes na proba do 500 metros .
Vemos as nosas participantes posando antes da carreira con TUDE .
Magníficos os resultados acadados : LAURA foi 3ª na final cun tempo de 1.24.77 ,SABELA 6ª con 1.28.80 e UXÍA 12ª con 1.31.79. Participación brillante das atletas do Tui-Thermalia nesta final dos 500 metros.
Laura tamén tiña a mínima para a final de 80 metros e cun tempo de 11,64 quedaría en 9ª posición.
Laura ocupando a 3º posición no podium dos 500 metros.
Na xornada da tarde competia a máis pequena das nosas representante CATERINA VÁZQUEZ SANTAS na categoria benxamín e tamén o facia en dúas probas 50 metros e os 1000 metros .Sendo 8ª na segunda proba e 9ª na velocidade
NORABOA A TODAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN .