CAMPEONATO DE ESPAÑA DE CLUBES DE CAMPO A TRAVÉS 20 17

1 03 2017

O domingo 26  de febreiro disputouse este campionato en OROPESA DEL MAR e alí representando a Galiza estaba o club ATLETISMO TUI-THERMALIA entre os mellores club de España.

img-20170228-wa0001

Tiñan moitas ilusións e esperanzas en facer unha boa carreira no seu debut nun evento desta categoria xa que era a primeira vez que o club accedia a un campionato de ESPAÑA POR EQUIPOS. A mañá era perfecta para correr ,  circuito moi rápido con apenas desniveis e de herba e situado  a orillas do mar Mediterráneo.Os nervios dos primeiros momentos acrecentaronse a medida que se acercaba a hora da saída programada para as 9 :50.

Unha vez en carreira apareceron os primeiros contratempos pois  unha atleta perdeu unha zapatilla e saiu a última tendo que facer un gran esforzo para remontar e poder chegar o máis adinate posible.A mesma historia repetiriase con outra atleta noutro momento da competición .A pesares de todo as 4 representantes do club finalizaron a proba e puntuaron que era o obxectivo .

Destacar a actuación de ELSA PENA VICENTE que como é habitual nela saiu en cabeza de carreira e aguantou durante a maior parte da proba nas primeiras posición e só ao final cedeu un pouco entrando nun magnífico 12 posto .Mellor atleta galega clasificada cadete feminino.

Meritoria actuación de LUCIA PORTELA OTERO que  pesares da mala sorte da saída fixo un carrerón xa que entrou de 97 logo de facer unha remontada impresionante.

Moi boa carreira de LAURA MAZOY GARCIA que tamén tivo problemas durante a proba pero estivo a un alto nivel.

Para finalizar CINTHIA COSTAS GONZALEZ  a nosa atleta 4 e moi importante porque dela dependia a sorte do equipo  co seu esforzo e entusiasmo fixo que poideramos  puntuar.

RESULTADOS : quedamos un pouco decepcionados xa que quedamos clasificados 19 de 55 equipos participantes pero tiñamos potencial para quedar entre os 5 mellores .Temos un equipo moi novo que seguro darannos moitas alegrias moi pronto.

Agradecer tamén a axuda de INÉS  PORTELA que acompañounos e estivo en todo momento pendente  das nosas atletas

Noraboa a elas a aos seus familiares que fixeron o esforzo de desprazarse e animalas en todo momento.ESTAMOS MOI ORGULLOSOS DA VOSA PARTICIPACIÓN.img-20170228-wa0002

 

 

 

 

 

 

 





CAMPIONATO DE GALICIA CADETE DE CAMPO A TRAVES INDIVIDUAL E POR EQUIPO

5 02 2017

img-20170205-wa0010

Equipo do club atletismo TUI-THERMALIA no máis alto do podium logo de recibir o trofeo que as acredita como novas campionas galegas por equipos de campo a través.

Nunha magnífica matinal as cadetes do club foron capaces de sair vitoriosas do gran reto que tiñan que era conseguir por primeira vez  na historia do club clasificarse entre as mellores de Galiza nunha proba federada e por equipos. OBXECTIVO conseguido .SON AS NOVAS CAMPIONAS GALEGAS o equipo formado por ELSA , LAURA , LUCÍA e CINTHIA .Con esta vitoria conseguiron clasificarse para representar a Galiza no campionato de España que se celebrará o día 25 de febreiro en OROPESA.

NORABOA as nosas campionas sodes moi GRANDES

FELICITAR aos  seus  adestradores DANIEL MOURIÑO  e ALFONSO CONDE  e a todas as persoas que as apoian sen as cales todo isto seria imposible.img-20170205-wa0011





CAMPIONATO GALICIA CADETE PISTA CUBERTA E XUVENIL 1500-3000 A Coruña, 28 enero 2017

30 01 2017

img-20170129-wa0000

Disputouse o Campionato de Galicia de Pista Cuberta para os atleta da categoría cadete asi como o Campionato galego para os 3000 e 1500 m. da categoría Xuvenil con participación de tres atletas do noso club que chegaron ao mesmo despois de conseguir a mínima para poder participar.

Destacar a actuación de ELSA PENA VICENTE que nunha carreira onde sempre levou o peso e ca forza e garra de que sempre fai gala acadou a primeira posición proclamandose campiona galega cadete nos 3000 metros cun tempo de 10.41.09 mellorando a súa marca nada menos que en 38 segundos .Un novo triunfo da nosa ELSA que refrenda o bo momento que está a pasar .

Tamén destacable a participación de LUCIA PORTELA OTERO  que moi perxudicada pola posición de saída ( en terceira fila e arrinconada contra o muro da pista ) consegiu acadar a cuarta posición na proba dos 600 metros  cadete cun tempo de 1.48.26.

Para finalizar destacar a única participante en categoria xuvenil ,INÉS PORTELA OTERO, NOS 1500 metros unha distancia díficil e onde acadou a 11ª posición cun tempo de 5.41.71.

FELICITAR A ESTAS TRES ATLETAS POLA SÚA PARTICIPACIÓN E AGRADECERLLE QUE LEVEN O NOME DO  NOSO CLUB AS NUMEROSAS PROBAS DEPORTIVAS ONDE COMPITEN.





XLIII TROFEO PEDESTRISMO CONCELLO DE CANGAS MEMORIAL PEPE CORDEIRO

7 12 2016

Outro triunfo máis para a nosa atleta máis activa e participativa neste comenzo de temporada , LAURA ALONSO GONZÁLEZ,  nesta ocasión na tradicional carreira de Cangas

cangas

A carreira comenzou  moi igualada xa que foron durante casi todo o  traxecto Laura e  dous nenas do  Beade xuntas, pero a falta de 400 metros a do THERMALIA-TUI empezou a despegarse delas sacándolle unha grande  ventaxa , chegando a meta en solitario.





38º Memorial Belarmino Alonso de Campo a Través 2016

1 12 2016

O domingo 27 de novembro celebrouse en Vigo unha nova edición do cross máis antigo de Galiza : o BELARMINO.Desta vez tamén houbo representación de atletas do noso club.Alí estiveron EMILIO PAZO E LAURA  ALONSO GONZÁLEZ. O primeiro participou na carreira absoluta onde había un gran nivel e tivo unha clasificación satisfactoria.

Seria LAURA , a nova atleta incorporada este ano ao club atletismo TUI.THERMALIA a que tivo unha espectacular participación. Proba moi competida entre a nosa atleta ea  do Beade, CARMEN CARRERA. Despois de multiples alternativas nos últimos metros superou a Laura  acadando esta unha magnífica segunda posición.BÓ comezo de temporada da atleta do TUI-THERMALIA que leva facendo podium nas últimas probas disputadas.

laura





Gala do Deporte Tudense 2016

28 11 2016

Novo éxito dunha atleta do club, LUCÍA PORTELA OTERO elexida mellor deportista tudense PROMESA 2016.

dibujo





XL CARREIRA PEDESTRE POPULAR SAN MARTIÑO 2016 20 nov. 2016

23 11 2016

Presenza do club na popular do SAN MARTIÑO onde os nosos representantes acadaron bos resultados.Na carreira absoluta 4 atletas baixaron dos 40 minutos sendo o máis destacado JOSE LUIS GOMEZ SOTO.No apartado feminino tamén tivemos representación con ROCIO E ANA que cumpriron os seus obxectivos .

Pero o máis destacado da xornada o protagonizaron as nosas xóvenes atletas ELSA e CINTHIA que outra vez estiveron defendendo os nosos cores nesta proba ta esixente xa que constaba de máis de 4 km. Ambas competian como cadetes e a 2ª quedou 15 e ELSA proclamouse campiona da proba entrando destacada en meta demostrando o fabuloso momento de forma que está pasando

img-20161120-wa0005

Na foto CINHTIA E ELSA en OURENSE








%d bloggers like this: