XORNADAS DE ATLETISMO EN A MACOCA 15 MARZO 2017

20 03 2017

IMG-20170316-WA0009

Un ano máis por iniciativa de AGRUDEBAM celebramos estas xornadas adicadas aos escolares de TUI e SALCEDA DE CASELAS cunha alta participación de colexios e de o seu alumnado.En total foron case que 300 atletas os participantes nas distintas probas deportivas que formaban parte do programa  : 50 metros, 500m , salto lonxitude , lanzamento peso , lanzamento vórtex e a máis espectacular e esperada os relevos de 4×100.

Os colexios representados eran : Nº2 de TUI, Nº1 de TUI, CALDELAS, RIBADELOURO,GUILLAREI, MARISTAS E ALTAMIRA DE SALCEDA.

Todo un éxito organizativo e de participación que como sempre estivo perfectamente coordinado por AGRUDEBAM  que tanto e tan ben fan polo deporte .

Unha mañá solleira onde o alumnado entrou en contacto coas pistas de atletismo e con varias das súas probas.

Tamén un ano máis o club atletismo TUI-THERMALIA estivo apoiando e colaborando con este evento , destacando a presencia do noso adestrador DANIEL MOURIÑO  gran coñecedor deste deporte.IMG-20170316-WA0003

Para máis información e fotografias podeis entra na páxina de Agrudebam

IMG-20170316-WA0005

 

 

 

 

 

 

 


Accións

Information

Deixar un comentario