Campionato galego escolar de campo a través 2014

19 03 2014
O sabado pasado celebrouse na provincia da Coruña, o campionato galego de campo a traves nun marco incomparable na praia de Cabío-Pobra do Caramiñal, nun dia soleado e precioso e con unhas intalacións perfectas para este tipo de probas.
 galego escolar cross 2014
Sobre as 11:30 comezaron as carreiras dos alevíns femininos no que participaban por parte do club, Valle Gonzalez, Genet Rodriguez, Pilar Vazquez , Elsa Pena e Lucía Portela. A saída da proba comenzou moi forte escapandose dun principio as dúas primeiras clasificadas nun segundo pelotón atopábanse Lucía máis Elsa no que non deron conectado ca cabeza da proba, entrando en meta Lucia de 4ª e Elsa 6ª a tan só uns segundos. Logo foron entrando o resto das participantes, con Genet 42ª, Pilar 57ª e Valle de 59ª no que esta última torceu  un pé. Estes resultados permitiron que o equipo clasificara en 4ª posición.
Logo tocoulle aos infantís no que só tiñamos a participación de Cinthia Costas no que foi unha carreira moi controlada pola participante dos franciscanos a que se levaría a vitoria. Desde o principio da proba formouse un  pequeno pelotón, de catro participantes, onde se atopaba Cinthia desmarcandose estas do resto das demais competidoras. Despois de realizar case a totalidade do percorrido, a falta duns 400 metros, un cambio de ritmo moi forte desfixo este pelotón no que Cinthia acadaria  a 4ª posición.
E xa ao final tocoulle ás cadetes representando o club Aída Martínez a que tamen fixo unha gran carreira acadando a 4ª posición.
Tamén participaron compañeiros de entreno como Nahom que rematou tamen 4º cunha grande carreira e Brais Gonzalez de 19º cuns pequenos problemas nos xemelgos .
Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: