Campionato de España de campo a través 2014

26 02 2014

Aida, Nahom e Uxía

Celebrouse  o domingo  en Mósteles o campionato de España de campo a través onde competían tres  dos nosos atletas.O día amanecia con néboa pero a medida que pasaban as horas foi lucíndo o sol . O circuito era moi rápido e estaba moi duro xa que trascurria por unha senda peonil  de terra ,que non se parecía en nada ao que se entende por cross, incluso a maioría dos atletas corría sen zapatillas de clavos algo moi pouco habitual. Os nervios e a  tensión estaban frotando no ambiente e se ían apoderando dos participantes  A primeira en participar foi AIDA que corría en cadetes,   despois dunha mala saída non foi capaz de remontar entrando moi descolgada. Logo foi o noso representante masculino   NAHOM que debutaba na gran competición. Isto pasoulle factura xa que a inexperiencia fixo que saira moi rápido e  os nervios xogaronlle unha mala pasada e  tivo que retirarse antes de acabar de dar a primeira volta.

Uxía e Dani Mouriño

A última en competir era unha das grandes favoritas a estar entre as mellores  UXÍA,  e non decepcionou xa que dende o primeiro momento asumiu a cabeza da carreira impoñendo ela o ritmo. No paso da primeira volta xa se fixera unha selección de tres atletas que serían as que se xogarían o campionato. A falta de 1500m Celia deu un tirón ao  que non foron capaces de responder  e Uxía quedaba en compañía de Lucía. Faltando pouco máis de 700 m, ésta   deixou descolgada a nosa atleta. Ao final CELIA foi primeira,LUCIA segunda e UXÍA terceira nunha fantástica actuación.

Podio do campionato de España de campo a través 2014

Advertisements

Accións

Information

One response

23 05 2014
Uxía seleccionada para os Xogos Olímpicos da Xuventude en Baku | Club Atletismo Tui

[…] O gran ano que tivo, coa medalla de ouro nos 3000m en pista cuberta do campionato de España, a medalla de bronce no campionato de España Campo a Través e o record galego xuvenil, junior e mellor marca española da tempada, entre outros logros, non […]

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: