Campionato de España de campo a través 2014

26 02 2014

Aida, Nahom e Uxía

Celebrouse  o domingo  en Mósteles o campionato de España de campo a través onde competían tres  dos nosos atletas.O día amanecia con néboa pero a medida que pasaban as horas foi lucíndo o sol . O circuito era moi rápido e estaba moi duro xa que trascurria por unha senda peonil  de terra ,que non se parecía en nada ao que se entende por cross, incluso a maioría dos atletas corría sen zapatillas de clavos algo moi pouco habitual. Os nervios e a  tensión estaban frotando no ambiente e se ían apoderando dos participantes  A primeira en participar foi AIDA que corría en cadetes,   despois dunha mala saída non foi capaz de remontar entrando moi descolgada. Logo foi o noso representante masculino   NAHOM que debutaba na gran competición. Isto pasoulle factura xa que a inexperiencia fixo que saira moi rápido e  os nervios xogaronlle unha mala pasada e  tivo que retirarse antes de acabar de dar a primeira volta.

Uxía e Dani Mouriño

A última en competir era unha das grandes favoritas a estar entre as mellores  UXÍA,  e non decepcionou xa que dende o primeiro momento asumiu a cabeza da carreira impoñendo ela o ritmo. No paso da primeira volta xa se fixera unha selección de tres atletas que serían as que se xogarían o campionato. A falta de 1500m Celia deu un tirón ao  que non foron capaces de responder  e Uxía quedaba en compañía de Lucía. Faltando pouco máis de 700 m, ésta   deixou descolgada a nosa atleta. Ao final CELIA foi primeira,LUCIA segunda e UXÍA terceira nunha fantástica actuación.

Podio do campionato de España de campo a través 2014





Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

26 02 2014

Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014

O pasado sábado día 22 de febreiro disputouse no camping de Santa Tecla na Guarda o Campionato Provincial Escolar de campo a traves 2014 nas categorías Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete cunha ampla participación de atletas do Club Atletismo Tui – Thermalia.

Comezou a mañá coas probas da Categoría Cadete nas que non tiñamos representación, e despois disputáronse as da categoría infantil onde logramos o primeiro éxito na categoría femenina, pois Cinthia lograba un moi meritorio segundo posto cun tempo de 6:12 sobre unha distancia de 1600 m, obtendo unha clara vantaxe sobre a terceira, pero sen poder batir a gañadora, Sara Lima de Beade. Na mesma proba, Inés entrou na 14ª posición.

Ás 12:20 era a proba Alevín Masculina na que participou Iago, logrando o undécimo posto sobre o mesmo circuito que as rapazas de categoría infantil, cun tempo de 6:41. A continuación chegou o memento cumbre da mañá para o noso club, coa proba femenina na que contábamos con 4 participantes o que permitía obter unha clasificación por equipos. O resultado foi magnífico, entrando Lucía en primeira posición xusto por diante de Elsa, con tempos de 4:29 e 4:30 respectivamente nun circuito de 1200 m. Genet clasificou no posto 22 e Valle no 43. Grazas a estos resultados o equipo logrou unha excelente segunda posición combinada, so superado polo potente equipo de Beade que, con 5 participantes, fou imbatible ao contar os 4 mellores resultados.

Para rematar a mañá, quedaban as probas na categoría Benxamín, na que contábamos coa presenza de Telmo que logrou o duodécimo posto cun tempo de 2:52 nunha proba de 700 m.

Noraboa para todos os nosos deportistas polo seu esforzo e entrega, que debemos extender aos entrenadores polo seu magnífico traballo de formación.








%d bloggers like this: