Resumo do mes de xaneiro

20 02 2014

Equipo xuvenil no galego de cross 2014Despois de moito tempo reiniciamos a publicación de noticias relacionadas co noso club nun novo formato onde calquera de vós pode participar aportando os vosos comentarios, fotos, resultados e todo aquelo que teña que ver co mundo deste deporte que tanto nos gusta.

Comezaremos facendo un rápido resumo da temporada dende o mes de xaneiro e a partires de aquí intentaremos informarvos de todas as novidades que se produzan.

A nosa participación empezou o 12 de xaneiro no prestixioso CROS de ELGOIBAR a onde Uxía acudía por 1ª vez. Circuíto duro e de puro cros onde despois dunha moi disputada carreira foi 2ª detrás de Celia Antón.

A seguinte competición onde había participación tudense foi na pista cuberta de BRAGA, nun control de marcas. O obxectivo era acadar mínimas para poder participar nos distintos campionatos vindeiros. AHMED participaba nos 800m onde conseguía unha marca de 2.06.30

Logo DAVID en 800m intentaba mellorar a súa marca, facendo 2.22.41 . Uxía en 3000m (o 1º da temporada) intentaba mellorar a súa marca da temporada pasada, despois dunha gran proba foi capaz de batila e tamén melloraba o record galego da distancia en poder de PAULA MAYOBRE dende o ano 2005, deixándoa en 9.55.61Biaxaba por 1º vez dos 10 minutos unha das súas metas para esta temporada.

Equipo do galego de cross 2014

O 26 de xaneiro, 11 atletas das categorías cadete e xuvenil, ían a FRIOL ao Campionato galego de campo a través. Circuíto embarrado e difícil onde o frío e a choiva foron protagonistas. En xeral a nosa participación pódese cualificar de moi boa, con 2 primeiros postos e outras posicións moi meritorias. Empezaba a xornada con cadetes femininos onde AIDA quedaba 6ª. A continuación en homes debutaba NAHOM co noso equipo e conseguía o primeiro posto, proclamándose campión galego, nesta mesma proba o noso 2º representante, BRAÍS entraba de 17º.

Máis tarde, en féminas, o equipo formado por JULIA-MARÍA-MARIÑA-RAQUEL e UXÍA, CONSEGUIAN A 4ª POSICIÓN por equipos empatadas a puntos cas 3ª. Destacar que era a 1º vez que presentabamos equipo nun campionato de cross e que moitas destas xoves atletas debutaban nunha competición deste nivel. NORABOA A TODAS POLO SEU ESFORZO. Xa a nivel individual UXÍA era 1ª, MARÍA (24), MARIÑA (27), JULIA(36) e RAQUEL (46).

Atletas do galego de cross 2014Para finalizar en homes 3 foron os participantes AHMED (abandonaba despois de sufrir unha indisposición) DAVID (32) e OMAR (48).

Este campionato servía para seleccionar aos integrantes da selección galega que participará no campionato de España de campo a través que se celebrará en Móstoles o 23 de febreiro. Alí representando a Galicia estarán NAHOM, AIDA e UXÍA. É A PRIMEIRA VEZ QUE O NOSO CLUB APORTA TRES ATLETAS A UNHA SELECCIÓN GALEGA.

FELICITAMOS AO SEU adestrador DANI por estes éxitos deportivos.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: