O Club Atletismo Tui-Thermalia presente no Campionato de España de Campo a través.

19 03 2013

Aida Martínez Barja 34ª e Uxía Pérez Bugarín bronce representaron ao Club Atletismo Tui-Thermalia nos Campionatos de España de Campo a través.

Nunha mañana fría e chuviosa e sobre un circuito llano pero embarrado debido as choivas celebrouse o Campionato de España de campo a través en Ávila. Como dicía o locutor das probas “o frío máis cálido de España”.

Neste campionato participaron 2 atletas do noso club, Aida Martínez BarjaUxía Pérez Bugarín.

A primeira en participar foi Aida sobre un percorrido de 4000 metros ,debutaba nun campionato de España de cros. A saída foi moi rápida e a nosa atleta quedou relegada pero foi de menos a máis e ao final foi subindo posicións para quedar nunha meritoria 34 posición.

Bravo por Aida que está progresando a unha grande velocidade e cada día que pasa se ve máis segura e con máis forza.

Xa na categoría xuvenil participaba Uxía que partía entre o grupo de favoritas para optar a un posto no podium, cousa díficil debido ao gran nivel que había. A saída foi rapidísima e xa dende os primeiros metros fixose unha selección onde estaban as mellores.

A medida que pasaba a proba o forte ritmo imposto tanto por Uxía como por Carmela, tamén galega, fixo que do grupo se foran descolgando atletas ata quedar 5. Co paso dos kilometros o grupo quedou reducido a 3 Carmela, Uxía e Celia. Faltando pouco máis que unha volta forte tirón de Crmela que só aguanta Celia ,cedendo a nosa atleta uns metros que xa non poido recuperar.

Ao final triunfo para Celia, 2ª posición Carmela e 3ª Uxía.

Carreira moi competida e emocionante a que ofreceron estas atletas nun circuito cada vez máis pesado e cheo de barro e auga.
Novo éxito para unha atleta do noso club que repite posición en relación ao recente Campionato de España de Pista.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: