Uxía Pérez bronce no Campionato de España Xuvenil en Pista

6 03 2013

A nosa atleta Uxía Pérez Bugarín acadou este fin de semana en Antequera a medalla de bronce nos Campionatos de España Xuvenís en Pista Cuberta en 3.00 metros cun tempo de 10:15:11.

A atleta do Club Atletismo Tui-Thermalia Uxía Pérez Bugarín voltou a demostrar o seu gran estado de forma esta fin de semana en Antequera nos Campionatos de España Xuvenís de Pista cuberta conseguindo a medalla de bronce na proba dos 3.000 metros cun tempo de 10:15:11 acadando a súa mellor marcar personal.

A atleta tudense completa así un inicio de ano cheo de éxitos, ao sumar no Campionato Galego Xuvenil de Pista Cuberta a medalla de ouro na proba dos 1.500 m. e a medalla de prata na proba dos 800 metros, así como a medalla de ouro no Campionato Galego Xuvenil de Campo a través.

Uxía tamén foi entrevista o pasado luns na Radio Municipal de Tui no programa Escoita Deporte, podedes escoitar a entrevista premendo aquí.

Enhoraboa a Uxía e a todo o equipo de adestradores do Club Atletismo Tui-Themalia neste novo logro para o atletismo tudense.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: