O Club Atletismo Tui-Thermalia acada tres medallas no Campionato Galego de Campo a través

25 02 2013

Na mañá do pasado sábado celebrouse en Guitiriz (Lugo) o Campionato Galego de Campo a través onde os atletas do Club Atletismo Tui-Thermalia acadaron 3 medallas.


O Club Atletismo Tui-Thermalia desplazouse a Guitiriz a disputa do Campionato Galego de Campo a través onde clasificará 5 atletas aínda que a última hora David Cruces debido a unha indisposición non puido desplazarse.

A primeira en tomar a saída eran as atletas cadetes femininas onde Aida Martínez Barja era a nosa representante. A proba comezou cun forte ritmo imposto por Iria Rodríguez Huertas que pronto puso terra de por medio, quedando un grupo de 4 atletas para loitar polas posicións que daban dereito a ir ao Campionato de España en representación de Galicia.

Despois dunha disputada carreira Aida foi quen de entrar na 3ª posición ,conseguindo un dobre obxectivo subir ao podio e estar por dereito propio nese ansiado campionato nacional.

 

Logo saian os atletas infantil masculino con Martín Vázquez Hermida como o noso representante, carreira dura onde acusou ser o pequeno dos participantes entrando 17ª ao final.

Para finalizar a nosa presencia quedaban as alevíns femininas onde tiñamos depositadas moitas esperanzas debido a magnífica tempada que están a facer Lucía Portela Otero   e  Cinthia Costas González.

Carreira dura polo estado do circuito pero as nosas atletas adaptaronse ben a el e entraron 1ª e 3ª respectivamente.

Magnífica actuación das nosas representantes que demostraron o bo momento de forma que atravesan.

Noraboas a todas/os e tamén aos  nosos adestradores Dani Mouriño e Alfonso Conde polo gran traballo que están a realizar e que xa está dando os seus frutos.

Advertisements

Accións

Information

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s




%d bloggers like this: